Supervisor/a Docente
Acreditación
- Acreditar unha docencia mínima de dous anos como Docente nun centro con programas acreditados pola FEATF e que, durante ese periodo, teñan participación directa nos procesos de supervisión do alumnado durante polo menos 50 horas.
Reacreditación
- Cursar 60 horas de formación en contidos de Terapia Familiar durante os últimos cinco anos.
- Certificado do centro dunha presencia mínima no programa de 50 horas de supervisión.
Os/As docentes non adscritos a centros acreditados, poderán xustificar esas horas mediante certificados das institucións para as que exerceron a supervisión.
RELACIÓN DE FORMACIÓN CONTINUADA:
- Relacionar a asistencia a seminarios da FEATF, das súas asociacións, de centros acreditados ou de centros/formadores de recoñecido prestixio, entre os cales recoméndase a asistencia a un Congreso da FEATF.
- En casos excepcionais, considerarase a equivalencia doutras actividades de formación continuada como investigacións, publicacións e estadías de formación que se acreditarán mediante certificacións.