Experto/a en intervención sistémica

Requisitos para as diferentes acreditacións/reacreditacións

Experto/a en Intervención Sistémica

Acreditación

  • Titulación universitaria relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.
  • Programa formativo de dous cursos académicos como mínimo (enténdese por curso académico o que ten unha duración de 9-10 meses ou dous cuadrimestres consecutivos) nun centro docente acreditado pola FEATF, que incluirán:
     
    • Un mínimo de 400 horas de formación en Terapia Familiar teórico-práctica
    • Un mínimo de 50 horas de supervisión, que poderán realizarse con casos en vivo ou analizando casos de problemas sistémicos en diversos contextos.

Reacreditación

  • Cursar 50 horas de formación en contidos de Terapia Familiar durante os últimos cinco anos.
  • Mantemento da actividade profesional mediante declaración a tal efecto.

RELACIÓN DE FORMACIÓN CONTINUADA:

  • Relacionar a asistencia a seminarios da FEATF, das súas asociacións, de centros acreditados ou de centros/formadores de recoñecido prestixio, entre os cales recoméndase a asistencia a un Congreso da FEATF.
  • En casos excepcionais, considerarase a equivalencia doutras actividades de formación continuada como investigacións, publicacións e estadías de formación que se acreditarán mediante certificacións.