Guía para asociarse

SE TE ASOCIAS Á ATFM DE GALICIA CONTARÁS COAS SEGUINTES AVANTAXES:

  • Contacto con profesionais que comparten os teus mesmos intereses.
  • Información sobre eventos e actividades formativas relacionadas coa Terapia Familiar.
  • Taxas reducidas nas actividades organizadas pola ATFM de Galicia, por outras asociacións federadas e pola FEATF.
  • Acceso dixital a Mosaico, a revista cuatrimestral da FEATF, e recepción domiciliaria dun número ao ano.
  • Previa comprobación dos requisitos estipulados, acceso as titulacións emitidas pola FEATF: Terapeuta Familiar, Experto/a en Intervencións Sistémicas e os niveis de docencia: Colaborador/a Docente, Docente e Supervisor/a Docente.
  • Unha vez acreditado/a, poderás formar parte do Rexistro Nacional de Psicoterapeutas (RNP). 

PARA ASOCIARSE

Enviarase a secretaria@atfmgalicia.com a seguinte documentación escaneada:

  • Formulario de ingreso que se xunta abaixo.
  • Titulación académica universitaria relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.
  • 100 horas de formación en terapia familiar (segundo establece o artigo 6º b dos Estatutos da ATFM de Galicia).
  • DNI ou NIE.
  • A orde de domiciliación SEPA.

No caso de estar en formación podes asociarte en calidade de alumno/a-socio/a para o cal cómpre que envies xunto a anterior documentación:

  • Certificación da escola acreditada conforme se está matriculado/a nela (en lugar das 100 horas de formación en Terapia Familiar).

FORMA DE PAGO

No momento de asociarse deberán abonarse 65€ na conta da Asociación da Caixa Rural Galega que figura no formulario de inscrición:

ES23 3070 0035 2063 1747 8326

Para os/as alumnos-socios a cota anual será de 35€.

No caso de asociarse a partir do 1 de agosto a cota será de 6€ por mes.

A cota é anual e pasarase ao cobro durante o primeiro trimestre do ano mediante domiciliación bancaria.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Unha vez enviados por correo electrónico o formulario de inscrición e a documentación requirida, a Xunta Directiva decidirá sobre a aceptación do/a novo/a socio/a na seguinte reunión a partir da recepción da solicitude de ingreso.

BAIXA NA ASOCIACIÓN

Para darse de baixa cómpre solicitalo por escrito enviando por correo electrónico á ATFM o formulario de solicitude de baixa escaneado antes de finalizar o ano en curso.

Deberase ter en conta que o impago da cota anual así como a baixa da ATFM de Galicia implica a perda da acreditación como terapeuta familiar ou docente.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS

Deberán enviarse nun correo electrónico á Secretaría da Asociación (secretaria@atfmgalicia.gal)

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA

File File size
pdf Formulario de Ingreso (editable) 259 KB
pdf Orde de domiciliacion SEPA (editable) 179 KB