Registro Nacional de Psicoterapeutas

RNP

Os psicoterapeutas que figuran neste rexistro son aqueles que seguiron unha formación avalada polas principais asociacións españolas de Psicoterapeutas e Saúde Mental: Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas (FEAP), a Asociación Española de Neuropsiquiatría (AEN) e a Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar (FEATF), polo que supoñen unha garantía de ter unha preparación axeitada para o exercicio da Psicoterapia.

Este rexistro está regulado a través de criterios públicos de acreditación de psicoterapeutas e de programas de formación co obxecto de asegurarse que programas e psicoterapeutas cumpren uns criterios mínimos, esixibles para exercer o seu traballo. Todo iso recolleuse no seu momento no Documento Marco de Consenso para la acreditación de Psicoterapeutas, o cal supuxo un paso moi importante no desenvolvemento de procedementos que garantan rigor e calidade na formación e no exercicio da psicoterapia como contribución a esta e ao servizo dos/as profesionais e da sociedade.

A FEATF compartiu un artigo de Roberto Pereira, publicado en Mosaico, titulado El embrollo de la acreditación en Psicoterapia onde se expoñía de forma minuciosa o contexto normativo no que nos atopamos, que levou ás principais entidades do sector á creación do RNP.

A través da páxina web do Rexistro Nacional de Psicoterapeutas pódense realizar procuras avanzadas ofrecendo distintos criterios de procura: xeográficos, de enfoque, de poboación á que se dedican, etc. Permitindo aos visitantes localizar a un psicoterapeuta acreditado/a e poñerse nas súas mans sabendo que conta con todos os avais.

Es Terapeuta Familiar e queres aparecer no Registro Nacional de Psicoterapeutas?

Unha vez acreditado/a como terapeuta familiar, podes solicitar a túa incorporación ao RNP a través da Solicitude de incorporación ao RNP da FEATF.

Enlace ao Registro Nacional de Psicoterapeutas.