Supervisor/a
Acreditación
- Sen estar adscrito a centro docente, aqueles/as psicoterapeutas familiares que cumpran os seguintes requisitos poden solicitar a súa acreditación como Supervisor/a:
- Estar acreditado/a, como psicoterapeuta familiar, durante polo menos 10 anos.
- Presentar polo menos 2 avais de Supervisores/as (segundo modelo adxunto) onde conste a capacidade e actividade efectiva como supervisor/a.
- Presentar un certificado de actividade profesional da entidade para a que se traballe, especificando tarefas de supervisor/a ou unha declaración xurada nos mesmos termos, en caso de traballo autónomo, na que se detalle a experiencia profesional como supervisor/a.
Reacreditación
- Os/as Supervisores/as non adscritos/as a centro só poderán certificar horas de supervisión como formación continua para a reacreditación dos membros de FEATF.