Pérez Álvarez, Marino

Pérez Álvarez, Marino

Psicólogo Clínico. Catedrático de Psicopatoloxía e Técnicas de Intervención da Universidade de Oviedo.

Marino Pérez realizou os seus estudos de Licenciatura e o Doutorado na Universidade complutense de Madrid. Un ámbito de investigación no que traballa desde hai varios anos, é o da Modificación da conduta, nas súas extensións ao campo médico, con numerosas publicacións en revistas especializadas e a dirección de varias teses doutorais.

Volviendo a la normalidad La invencion del TDAH y del trastorno bipolar infantil i1n9921033

O enfoque dos seus estudos ten un marcado carácter interdisciplinar, na intersección da psicoloxía e a psiquiatría coa filosofía, a historia e a cultura.

É autor xunto a Héctor González Pardo do polémico libro “La invención de los trastornos mentales” (2007) onde alertan da crecente aparición de novos tipos de trastornos mentais e denuncian que esta tendencia á psicopatoloxización ten moito que ver con intereses comerciais da industria psicofarmacéutica, considerándoa como o maior sistema de invención de trastornos mentais e do seu tratamento. Neste libro, os autores fan unha formulación novidosa da natureza dos trastornos mentais e do seu tratamento, e resaltan que estes, lonxe de ser supostas entidades naturais de base biolóxica que boa parte da clínica actual (en conivencia coa maioría dos pacientes) pretende facer crer, serían entidades construídas de carácter histórico-social, máis suxeitas aos vaivéns da vida que aos desequilibrios da neuroquímica.

En marzo deste ano, saiu á luz “Volviendo a la normalidad. La invención del TDAH y el trastorno bipolar infantil” en Alianza Editorial, do cal Marino Pérez é coautor e onde se defende que as etiquetas diagnósticas de TDAH e TBI son como moito, meras descricións por parte dos adultos das condutas “problemáticas” nalgúns nenos, que nin siquera acadan o estatus de enfermidade ou trastorno mental.

É autor de numerosos artigos en revistas especializadas, así como de libros, entre eles “El mito del cerebro creador. Cuerpo, conducta y cultura” (2011), “Las raíces de la psicopatología moderna: la melancolía y la esquizofrenia” (2012) e “Las terapias de tercera generación como terapias contextuales” (2014).

Bibliografía:

Otras biografías

Xornalista e escritor estadounidense especializado en ciencia e medicina. Finalista do premio Pulitzer en 1998.
Psiquiatra e psicoterapeuta
Catedrático de Psicoloxía Clínica e profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía na USC. Supervisor docente acreditado pola FEATF, foi presidente da ATFM de Galicia entre 1994 e 1998.
Psicólogo e Psicoterapeuta. Director do Master e Posgrado en Terapia Breve e Presidente da AEPB.