Korman, Harry

Korman, Harry

Médico especialista en psiquiatría infantoxuvenil. Profesor e Supervisor en Terapia Familiar. Autor.

O doutor Harry Korman traballa dende 1996 na práctica privada en Mälmo (Suecia) con familias, parellas, adultos e nenos, dende o modelo de Terapia Centrada en Solucións.

Ensina e supervisa Terapia Centrada en Solucións en múltiples áreas, tanto en saúde mental como noutros campos afíns.

O doutor Korman profundizou na técnica da microanálise da linguaxe, un método de investigación que pon no foco aquelo que é relevante nas conversacións entre os profesionais e os seus clientes, proporcionando coñecementos que permiten ao terapeuta facer eleccións de cara a colaborar cos seus clientes dunha forma máis efectiva.

Ten publicado varios artigos como resultado da súa investiagación na microanálise da linguaxe en colaboración con Janet Beavin Bavelas (coautora de “Teoría de la Comunicación Humana”) e Peter De Jong.

Ademais, Harry Korman é coautor xunto con Steve De Shazer, Insoo Kim Berg, Yvonne Dolan, Terry Trepper e Eric McCollum de “More Than Miracles: The State of the Art of Solution-Focused Brief Therapy”(2005), que supuxo o derradeiro legado do fundador da Terapia Centrada en Solucións e as achegas dos coautores, sendo un texto de referencia para todos os que desexen aproximarse a este modelo.

Xunto a Martin Söderquist, é autor de “Talk about a Miracle!” onde afonda sobre o traballo colaborativo dende a Terapia Centrada en Solucións con persoas drogodependentes e do que facilitamos un enlace para a súa lectura en inglés.

Bibliografía:

Otras biografías

Xornalista e escritor estadounidense especializado en ciencia e medicina. Finalista do premio Pulitzer en 1998.
Psiquiatra e psicoterapeuta
Catedrático de Psicoloxía Clínica e profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía na USC. Supervisor docente acreditado pola FEATF, foi presidente da ATFM de Galicia entre 1994 e 1998.
Psicólogo e Psicoterapeuta. Director do Master e Posgrado en Terapia Breve e Presidente da AEPB.