Teresa especializouse en transformacións psico-relacionais, xa sexa en familias, parellas, grupos ou equipos. O seu traballo sitúase na fronteira entre os factores sistémicos individuais e relacionais.
Alumna de Paul Watzlawick, Dick Fisch, John Weakland, cos que colaborou directamente durante cinco anos, así como Jeffrey Zeig e Moni Elkaïm. Estivo asociada con Nardone e JJ. Wittezaele durante máis de 20 anos. Hoxe, co seu propio equipo, explora a introdución da hipnose, da psicoloxía positiva e os movementos alternativos ao ámbito da terapia sistémica.
Fundadora e directora de Circè (Centro de Intervención e Investigación do Cambio e Evolución dos Sistemas Humanos), representa ao MRI de Palo Alto na Europa francófona. É membro da New York Academy of Science e membro fundador da rede mundial de terapia breve sistémica e estratéxica.
Investiga os factores de transformación de sistemas, así como modelos e técnicas para o Cambio. Desenrolou un modelo propio de terapia de parella e de terapia familiar breve. É autora de distintas publicacións, entre elas La Escuela de Palo Alto, editada por Herder e traducida ao castelán. Destaca o seu labor na divulgación do modelo sistémico en distintos medios, participando en máis de 50 conferencias e congresos por todo o mundo.