Seguindo o establecido pola FEATF para reacreditarse cómpre cumprir uns criterios mínimos deformación continuada que se detallan a continuación:
TERAPEUTA FAMILIAR
- Un total de 40 horas de formación en contidos de Terapia Familiar en seminarios, encontros, xornadas e/ou congresos organizados pola ATFM de Galicia, outras Asociacións, a FEATF e/ou centros ou formadores de recoñecido prestixio.
- En casos excepcionais, consideraráse a equivalencia doutras actividades de formación continuada como investigacións, publicacións e estancias de formación.
- Mantemento da actividade profesional mediante declaración a tal efecto.
PROCEDEMENTO: Enviar un correo postal co Formulario de solicitude e copia da documentación requirida ao enderezo da ATFM de Galicia.
A reacreditación dos/as terapeutas de familia aprobarase na seguinte reunión da Comisión de Reacreditacións. Dita reacreditación terá unha duración de 5 anos.
FORMULARIO: En arquivo adxunto.