Programa de Atención a Familias

O Programa de Atención a Familias con problemas cos seus fillos desenvolveuse dende o ano 2005 cando se asinou un convenio de colaboración entre a Presidenta da ATFM, Pilar Bermejo González, e a Secretaría Xeral do Benestar dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

Os usuarios e as usuarias eran derivados/as ao Programa a través dos Servizos de atención ao Menor e Gabinetes de Orientación Familiar que estaban nas delegacións territoriais da Secretaría Xeral de Política Social.

O/a Coordinador/a do Programa avaliaba a demanda e se entraba dentro das competencias de actuación do Programa, poñíase en contacto co terapeuta de familia máis próximo á residencia do usuario/a.

Este convenio foise renovando anualmente ata que a finais de 2010 a Xunta de Galicia propuxo cambiar o convenio por un contrato pechado. En novembro de 2011 comunicaron á Coordinadora e ao Presidente da Asociación a rescisión do mesmo para o seguinte ano.

Este Programa contou con máis de 34 terapeutas familiares acreditados/as en candanseu gabinete privado das principais cidades e vilas de Galicia. O primeiro coordinador do Programa foi Manuel A. Juncal Gil e os dous últimos anos, Mª Luz Losada Somoza.

Sala de prensa:

Diario de Pontevedra: Entrevista á Coordinadora do «Programa de Atención a Familias con problemas cos seus fillos» (27/01/2012)
El País: «Suprimido un programa de atención a menores conflictivos » (24/02/2012)