Actividades - atfmgalicia.gal

  • 8th EFTA Congress - Istanbul 2013

    Es un placer de invitarle a participar en el 8º Congreso de la Asociación Europea de Terapia Familiar - EFTA - organizado en cooperación con la Asociación de Terapia Familias y Marital de Turquía (Aile he Evlilik Terapileri Dernegi - AETD).

    El Congreso se celebrará los días 24 a 27  de octubre de 2013 en Estambul, Turquía - una ciudad de gran belleza y diversidad cultural.
    El tema del Congreso es: "Oportunidades en Tiempos de Crisis: El Papel de la Familia"

    Distinguidos colegas de toda Europa y de todo el mundo se reunirán en lo que promete ser muy interesante y fructífero evento, muy pertinente a la realidad global siempre cambiante de hoy.

    Nuestro objetivo es la creación conjunta de una reunión muy interactiva que servirá de foro para el intercambio de ideas, de experiencias y de estudios rigurosos a la vanguardia de los avances en la teoría y práctica sistémica - un encuentro que facilite el intercambio científico y humano.

    Esperamos que se unan a nosotros en el proceso de creación de este Congreso, enviando sus propuestas y contribuyendo a su éxito.

  • A DOBRE ESCOITA: CO-CREANDO HISTORIAS ALTERNATIVAS

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 27 de abril de 2019 o seminario "A dobre escoita: Co-creando historias alternativas" na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela, co doutor en psicoloxía clínica Carlos Chimpén e a psicóloga e terapeuta familiar Rebeca Bastón.

    As historias dan forma ás nosas vidas e impulsan ou impiden a realización de certos actos. Interpretamos o que nos sucede e dámoslle un significado unindo determinados feitos para darlle un sentido, elixindo varios sucesos e outros deixándoos fóra. Vivimos varias historias á vez e non podemos explicar a nosa vida só desde un punto de vista.

    Desde as prácticas narrativas búscase enriquecer as historias e as identidades das persoas cun achegamento moi respectuoso, humano e non culpabilizante. Traballa co máis profundo do ser humano, con aquilo que lle move e é importante para el: os seus valores, os seus soños, os seus propósitos, etc., mediante o proceso de preguntar para narrar e re-narrar a historia ata que constitúen unha historia que proporciona unha identidade diferente á que o problema pretendía.

    O obxectivo deste curso é coñecer e desenvolver destrezas nas conversacións terapéuticas que temos coas persoas que nos consultan, colaborando con elas na co-construción da súa historia preferida de vida, afastada da influencia do problema. Así mesmo, presentarase unha metodoloxía propia das Prácticas Narrativas Colectivas para poder traballar con grupos e comunidades.

    Carlos Chimpén

     

    Carlos Chimpén ten o máster en Terapia Narrativa e Traballo Comunitario pola Universidade de Melbourne e o Dulwich Centre (Australia). Director do Master de Terapia Narrativa e Traballo Comunitario da Universidade de Estremadura, é o presidente da Asociación Española de Terapia Narrativa (AETEN).

    rebeca baston recorte

     

    Rebeca Bastón é licenciada en psicoloxía e terapeuta familiar.
    Ten o máster en Terapia Narrativa e Traballo Comunitario pola Universidade de Estremadura.

     

    OBXECTIVOS DO SEMINARIO

    • Adquirir coñecementos sobre as prácticas narrativas aplicadas a diferentes contextos, entre eles o tratamento do trauma.
    • Comprender que as historias son unha parte central para a comprensión da forma de traballar desde a práctica narrativa.
    • Valorar a importancia da linguaxe como mediadora nos procesos interpretativos das historias de vida das persoas.
    • Reflexionar sobre a posición do/a terapeuta desde unha posición de colaboración e co-construción coa persoa que nos consulta.
    • Coñecer a importancia de aumentar a axenda persoal a través das prácticas narrativas.

     

    DATOS DE INTERESE:

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Outros profesionais: 60 €.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
    • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

  • A integración da saúde mental na atención primaria: un achegamento sistémico aos seus desafíos

    ATFM de Galicia organiza para o sábado 10 de abril de 2021 o seminario "A integración da saúde mental na atención primaria: un achegamento sistémico aos seus desafíos" coa nosa asociada Chus Arrojo Romero, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

    Arrojo MariaChus Arrojo é psicóloga, terapeuta familiar e LMHC (Licensed Mental Health Counselor). Traballa en Massachusetts, en Estados Unidos, onde é a responsable dos Programas de Integración de Saúde Mental nos servizos de atención primaria nas clínicas pediátricas afiliadas ao Boston Children's Hospital desde 2018.

    Conta cunha ampla experiencia clínica con familias multiculturais e de supervisión en ámbitos comunitarios, así como de coordinación e supervisión de equipos terapéuticos en contextos de integración da saúde mental en centros médicos e educativos.

     

    PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

    A incorporación dun modelo bio-psico-social da saúde na atención primaria supón desafíos de orde organizacional e profesional que poden ser abordados desde o pensamento sistémico. A perspectiva sistémica pode ser tamén útil para a comprensión do papel que as dinámicas relacionais e os determinantes sociais xogan na conduta das persoas con respecto á saúde e a enfermidade. Por último, o achegamento aos sistemas involucrados na posibilidade de vivir unha vida saudable pode nutrirse de perspectivas que abordan as políticas ao redor da saúde e a enfermidade baixo unha mirada sistémica e comprometida coa xustiza social.

    Neste seminario presentaranse diferentes aspectos do desenvolvemento e implementación de programas de integración en atención primaria baixo estes parámetros descritos na introdución.

    Esta presentación constará de tres partes didácticas teórico-experienciales, cada unha seguida dun debate reflexivo e como resultado os/as participantes poderán identificar:

    • As vantaxes, desafíos e posibilidades de adoptar un modelo integrador de saúde na atención primaria na súa contorna.
    • Intervencións sistémicas para abordar os devanditos desafíos a nivel organizacional e clínico.
    • Recursos e ferramentas sistémicas para a promoción da saúde de maneira equitativa nas súas poboacións.
    DATOS DE INTERESE
    • Modalidade en liña na plataforma Zoom
    • Horario: De 16:00 a 19:00 horas
    • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
    • Prazo: Ata o 6 de abril ou ata completar o aforo (90 prazas).
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
    • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.

    Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

  • Actividades

  • Aperitivo con Emilio e Pepe

    Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar -FEATF- comeza a 2ª temporada de aperitivos. Nesta ocasión os invitados son Emilio Gutiérrez e José Luis Rodríguez-Arias, asociados da ATFM e dous grandes referentes da terapia familiar en Galicia. 

    Aperitivo Emilio e Pepe cartel recortado

    O aperitivo terá lugar o sábado 14 de novembro de 2020ás 12:30 horas a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom. Esta actividade é de balde.

     

    ZOOM ID 886 4052 6177

    Contraseña 081714

    En directo por Facebook live FEATF

    Máis información na web da FEATF

  • As novas Masculinidades como instrumento transformador nos procesos de Terapia Familiar e de parella

     A ATFM de Galicia organiza para o sábado 24 de marzo de 2018 a xornada "As novas masculinidades como traballo introspectivo e instrumento transformador nos procesos de terapia familiar e de parella" co psicólogo social e terapeuta familiar e de parella Miquel Far na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

    Miquel Far é profesor na Universitat de les Illes Balears (UIB), membro do grupo de investigación sobre igualdade de xénero da UIB e presidente da Asociación Balear de Intervención Sistémica (ABIS). Seguindo este enlacepodes ver a presentación da xornada.

    Esta xornada pretende crear un espazo de reflexión, individual e grupal, para o conxunto de participantes que asistan a esta formación. O obxectivo central é transmitir e interiorizar a importancia de entender a relación existente entre os modelos de masculinidade dominantes na nosa sociedade, as relacións de poder entre xéneros, a disfuncionalidade relacional derivada desta distribución do poder, as condutas de risco asociadas á masculinidade hexemónica, a violencia ligada ao xénero masculino, o dano emocional e a nula xestión dos conflitos no mundo relacional.

    A finalidade é que os/as profesionais integren os coñecementos e as estratexias que desenvolve a formación, para xerar unha visión persoal, profesional e relacional máis consciente e igualitaria, que preveña condutas futuras, derivadas da presión social do concepto dominante de masculinidade, xa non só na súa contorna laboral e na súa praxe diaria, senón tamén no seu propio mundo relacional.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €.
    • Profesionais dos CIMs e dos programas de Violencia de Xénero e Abramos o Círculo 60 €. Resto: 80 €.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
    • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

  • Celebración do 25 Aniversario da ATFM

    O sábado 1 de abril de 2017, ás 14:00 horas aproximadamente, terá lugar un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa para celebrar todos/as xuntos/as o 25 aniversario da Asociación.

    Se desexas participar no xantar deberás abonar 20€ á entrada dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar. Por motivos de organización, e co fin de ultimar os preparativos do acto, pedímosche que nos confirmes antes do 27 de marzo se vas asistir ao xantar por correo electrónico.

     

    P.E.: Se tes algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, infórmanos para que poidamos notificalo ao restaurante.

  • Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de maio a Xornada: "Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas". Unha integración desde a Terapia Narrativae a Terapia Sistémica Breve.

    O relator é o psicólogo e terapeuta familiar Chema Rodríguez de Castro, profesor asociado en Traballo Social na Universidade de Illes Balears.

    • Lugar: Sala de Conferencias do Colexio La Salle en Santiago de Compostela. Praza de San Xoán Bautista de La Salle, 1
    • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí

    PROGRAMA

    • A metáfora narrativa. O que contan as persoas sobre si mesmas e as súas relacións.
    • Construíndo problemas e solucións. Conversacións para externalizar problemas e internalizar recursos en parellas.
    • Ideas, estratexias e técnicas para traballar con parellas.
    • Mediación terapéutica en exparellas en conflito?
    • Sexualidade e terapia. Novas posibilidades.
  • Ferramentas sexolóxicas básicas para a terapia

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de xuño de 2017 a xornada Ferramentas sexolóxicas básicas para a Terapia a cargo de Penélope Alonso Vázquez, licenciada en psicoloxía pola USC, especialista en Sexoloxía no Incisex (universidade de Alcalá), trainning en Sexoloxía clínica en Biko Arloak (Bilbao), con consulta privada de sexoloxía desde 2005, secretaria da xunta directiva da Asociación Estatal de Profesionales de la Sexología (AEPS) e presidenta da Asociación Sexus. 

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga abaixo a ficha de inscrición

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

    PROGRAMA

    • Introdución ás nocións básicas da Sexoloxía Sustantiva.
    • Conceptos centrais da Episteme Sexolóxica.
    • A parella como eixo central da Terapia, modelo de atención baseado na Teoría de Parella.
    • Abordaxe das dificultades eróticas máis comúns desde a perspectiva sexolóxica.
    • Unha aproximación ás realidades das identidades sexuais e orientacións do desexo.
    • Sexoloxía Clínica. Discusión de casos.
  • Formación online: Intervención breve en situaciones de crisis

    Ante a situación extraordinaria provocada pola crise do COVID-19, desde a FEATF puxeronse en marcha 3 edicións en liña da formación sobre intervención en situacións de crise desde o enfoque sistémico, impartidas polo profesor José Navarro Góngora.

    As formacións tiveron lugar os días 9, 13 e 23 de abril de 2020, durante o tempo de confinamento.

    Prezos Socios/ as FEATF: 5 €

    Non socios/ as FEATF: 20 €

     

     

  • I Encuentro EntreAsociaciones Segovia 2020

    A proposta deste I Encontro EntreAsociaciones consiste en reunir nun só evento aos/as socios/as colaboradores/as do Proxecto e organizar unhas Xornadas formativas con talleres o venres pola tarde e o sábado pola mañá. De maneira que os demais socios e socias de todas as Asociacións membro acudan, neste caso a Segovia, a gozar dunha Xornada formativa na que intercambiaremos experiencias e coñecementos nun ambiente relaxado e distendido co fin de promover e potenciar o intercambio entre Asociacións, que é o obxectivo deste Proxecto.

    Esta actividade está recoñecida con 8 horas de Formación Continua pola FEATF.

    Prezos Socios/ as FEATF: 40€

    Non socios/ as FEATF: 80€

     

     

  • II Congreso Ibérico de Terapia Familiar

    A Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar (SPTF) e a Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar (FEATF) organizan o II Congreso Ibérico de Terapia Familiar "Familia e sociedade novos modelos de intervención".

    • Lugar: ISCTE Instituto Universitário de Lisboa
    • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2012
    • Prezos reducidos ata o 21 de setembro.
    • Máis información na súa web.
    • Traducción simultánea para as actividades levadas a cabo pola mañá: conferencias e mesas redondas.

     

  • III Congreso Ibérico de Terapia Familiar

    A Asociación Extremeña de Terapia Familiar Sistémica – AETFS– xunto coa Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar – FEATF – e a Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar – SPTF –  organizan o III Congreso Ibérico de Terapia Familiar "Familias en crisis, terapeutas en cambio" que terá lugar do 29 ao 31 de outubro en Cáceres.

    • Lugar: Institución Cultural El Brocense Ronda de San Francisco s/n 10002 Cáceres
    • Datas: 29, 30 e 31 de outubro de 2015.
    • Prezos reducidos ata o 30 de setembro.
    • Máis información nesta web.
  • IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar

    O IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar celebrarase en Coimbra (Portugal) os días 25, 26 e 27 de outubro de 2018. Co título: “Amor en tempos de crise. Desafíos á parella, á familia e á sociedade”.

    Nesta ocasión, tócalle a quenda á Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar, que nos acollerá na Universidade de Coimbra.

    • Lugar: Auditorio do Rectorado da Universidade de Coimbra.
    • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2018.
    • Máis información nesta web.
  • IX Congreso de la Asociación Europea de Terapia Familiar

    Este ano celebrarase en Atenas o IX Congreso da Asociación Europea de Terapia Familiar (EFTA) do 28 de setembro ao 1 de outubro.

  • IX Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os IX Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 20 de febreiro de 2016 e que se centrarán nas violencias desde a perspectiva da Terapia Familiar.

    Nestes IX Encontros Galegos de Terapia Familiar terán cabida relatores/as convidados pola Asociación. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

    • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
    • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
    • Hora: De 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 8 h de formación)

    Estes IX Encontros serán de balde para os asociados e as asociadas da ATFM de Galicia, tal e como se acordara no anterior Encontro. Tamén serán de balde para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar.

    Non socios/as: 60 €

    Estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

    Tríptico dos IX Encontros Galegos de Terapia Familiar: descárgao aquí.

    PROGRAMA:

    • "Terapia familiar nos Centros de Información ás Mulleres: da asistencia á terapia" a cargo de Liliana Barral Caneda, Beatriz Monroy Cardoso e José Manuel Valdivia Moreno.
    • ​"Aproximación ao traballo con maltratadores: Buscando diferenzas ou regularidades?" por Manuel Lopo Lago.
    • "Loitando polo poder" a cargo de Fernando de la Cueva López-Chaves.
    • Presentación de comunicacións libres.
  • Método Gottman de Terapia de Parella

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 3 de decembro de 2016 a xornada Método Gottman de Terapia de Parella a cargo de Nuria Hervás Jávega, presidenta da Asociación Andaluza de Terapia Familiar e Supervisora Docente, obtivo a titulación de Terapeuta Familiar polo Ackerman Institute (Nueva York).

    Gottman

    Durante os anos 80 e 90 John Gottman, o matemático convertido en psicólogo, gravou en vídeo e estudou máis de 3.000 parellas no seu "Laboratorio do Amor", na Universidade de Washington. Realizou un seguimento destas parellas durante máis de dúas décadas para comprobar quen se divorciaba, quen establecía vidas paralelas e quen se mantiña xuntos (felices ou non).

    Converteu estes datos en números e descubriu que podía predicir un divorcio cun 91% de acertos, con só observar a parella durante unha discusión de 5 minutos no seu Laboratorio do Amor.

    Actualmente, no campo da terapia de parella, a maior parte do que sabemos do matrimonio e do divorcio, provén do traballo de Gottman. Nas súas investigacións, John e Julie Gottman, descubriron que todas as parellas discuten, e que mesmo as parellas máis felices, non resolverán nunca un 69% dos seus conflitos. A clave para a lonxevidade da relación non é se a parella pelexa ou non; senón como o fai. E despois como se reconcilian.

    En 1994, Gottman e a súa esposa, Julie Schwartz Gottman, psicóloga clínica, crearon un método de terapia de parella baseada na evidencia. Desde entón publicaron máis de 40 traballos.

    Viaxan por todo o mundo adestrando profesionais. Desenvolveron un taller de fin de semana para parellas, denominado: The Art and Science of Love, que se fixo inmensamente popular en USA.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga abaixo a ficha de inscrición.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

    PROGRAMA

    1. Principios do Método Gottman de Terapia de Parella.
    2. Laboratorio do Amor
    3. Que é disfuncional nas relacións: Mitos
    4. Que é disfuncional nas relacións: Verdades cientificamente probadas.
    5. Os 4 Xinetes da Apocalipse.
    6. Tipoloxía de Parellas.
    7. A Casa da Relación Sólida.
    8. Avaliación.
    9. Intervención.

     

     

  • NON HAI PRAZAS---Conversas sobre a vida tras un intento suicida

    ATFM de Galicia organiza para o sábado 20 de febreiro de 2021 o obradoiro "Conversas sobre a vida tras un intento suicida" co psicólogo peruano Jorge Ayala Salinas, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

    descargar

    Jorge Ayala é licenciado en Psicoloxía Clínica e está especializado en Terapia Breve Centrada en Solucións. Leva máis de 14 anos exercendo como psicoterapeuta e docente cunha unha ampla experiencia impartindo formación, tanto presencial como en liña. É o fundador da comunidade de terapeutas centrados/as en solucións chamada Insoo (en honor a Insoo Kim Berg).

    Resultado de imagen de AFORO COMPLETOSóavos o blog de “El Terapeuta Estúpido”? Adiviñade de quen é.  

     A Jorge podedes atopalo en moitas das redes sociais:

    -Web: https://www.ayalajorge.com

    -Instagram: https://www.instagram.com/quehasidolomasutil

    -Facebook: https://www.facebook.com/jorgeayalapsicoterapeuta 

     

    PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO

    Galicia é a segunda comunidade con máis mortes por suicidio só por baixo de Asturias. De media en Galicia, case unha persoa ao día perde a vida pola súa propia man e é a segunda causa de morte non natural. Na última década, o número de mortes por suicidio nunca baixou das 300 persoas por ano.

    Coñecer os principios prácticos da Terapia Breve Centrada en Solucións en situacións de intento ou risco suicida permítenos descubrir como aplicalos na conversación terapéutica usando diferentes ferramentas para construír solucións, creando esperanza e autonomía.

    A pesar de que a crise nos orienta cara a unha historia de dor, a práctica centrada en solucións ensínanos a colaborar para que as persoas poidan descubrir os coñecementos, recursos e habilidades coas que responden á vida no presente, representando accións útiles para o futuro, afrontando a ideación suicida.

    Neste obradoiro aprenderás a:

    - Crear preguntas de afrontamento que descubran os coñecementos e habilidades máis útiles das persoas.

    - Crear preguntas orientadas a construír un futuro desexado con esperanza.

    - Enlazar cada pregunta coa última resposta do cliente.

    - Centrarte na xestión da crise e non no seu afondamento.

    - Usar o que a persoa trae e funciona.

    - A importancia vital dos 10 primeiros minutos de conversación con persoas que loitan contra o desexo de morrer.

    - Desenvolver unha indagación que fortalece a representación persoal dando o salto do “que anda mal e produce dor” ao “que anda ben e produce un coñecemento útil para a vida”.

    - Crear unha conversación que dea un salto da crise á creatividade.

     
    DATOS DE INTERESE:
    • Plataforma Zoom
    • Horario: De 16:00 a 19:00 horas (hora española)
    • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
    • Prazo: Ata o 16 de febreiro ou ata completar o aforo (90 prazas).
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
    • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.

    Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

    VÍDEO DE JORGE AYALA

     

  • O pensamento centrado en solucións na acción: Ideas útiles para a intervención

    ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de outubro de 2020 o seminario "O pensamento centrado en solucións na acción: Ideas útiles para a intervención" co psicólogo Toni Medina, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

    toni medina recorteToni Medina é licenciado en Psicoloxía pola Universidad de La Laguna e Máster en Intervención Familiar. Desenvolve o seu labor profesional nos Servizos Sociais Municipais de San Cristóbal de la Laguna, traballando con menores e as súas familias.

    Formouse con Mark Beyebach no enfoque centrado en solucións acreditando a súa formación pola IASTI (International Alliance of Solution-Focused Teaching Institutes).

    Publicou diversos artigos e colaborou como coautor en publicacións relacionadas coa aplicación do enfoque, ademais de impartir formación para grupos, en universidades, entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais, especialmente no ámbito da protección de menores, xustiza xuvenil e atención social.

    Recibiu dous premios a nivel estatal e internacional, tanto por parte da FEATF
    (2011) como da EBTA (2012), pola súa investigación sobre os efectos do enfoque centrado en solucións en protección de menores.
     

     

    OBXECTIVOS DO SEMINARIO

    👉 Achegar aos e ás participantes ao pensamento centrado en solucións.

    👉 Descubrir como se poden relacionar estas ideas coa práctica da intervención dunha forma útil.

    👉 Reflexionar sobre os seus efectos tanto nos e nas profesionais como nas familias que atenden.
     
    METODOLOXÍA
    O seminario de 3 horas que impartirá Toni Medina será práctico, dinámico e participativo.
     
    DATOS DE INTERESE:
    • Plataforma Zoom
    • Horario: De 10:00 a 13:00 horas
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COPG 15 €. Outros profesionais: 20 €.
    • Prazo: Ata o 12 de outubro ou ata completar o aforo.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
    • Ficha de inscrición en documento adxunto.

    Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

  • Obradoiro Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 7 de febreiro de 2015 o Obradoiro "Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica"  que tratará sobre o traballo dos psicólogos e psicólogas especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes.

    A  psicóloga e terapeuta familiar Ana Isabel Martínez Arranz é a Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con ela,  abordaremos os aspectos técnicos que servirán para situarnos no marco de actuación neste tipo de intervención e o papel que desempeñan os psicólogos nelas. Asemade, traballarase en grupo sobre casos reais e a exposición posterior servirá para clarificar as partes da intervención e as dúbidas xurdidas.

    • Lugar: Local da ATFM en Picaraña - Padrón
    • Horario: De 9:30 a 13:30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
    • Prezo: 10€ para socios/as, desempregados e estudantes universitarios. Non socios/as: 25€.
    • Aforo limitado a 50 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.

    OBXECTIVOS

    • Coñecer o marco e os principios de actuación que rexen a intervención psicolóxica en situacións críticas.
    • Abordar o papel, as funcións e tarefas que ten o psicólogo/a neste ámbito de actuación.
    • Adquirir habilidades básicas para a intervención nestas situacións.
    • Reflexionar sobre as achegas da terapia familiar á intervención como psicólogos/as de emerxencias.

    PROGRAMA

    • Intervención psicolóxica en emerxencias: obxectivos, funcións, situacións de intervención, principios de actuación, papel do psicólogo/a, a visión desde a sistémica.
    • Primeiros Auxilios Psicolóxicos.
    • Resolución de casos prácticos.