Reseña:
Un libro necesario para entender moitos aspectos psicolóxicos da crise económica e social que vivimos. Un ataque á cultura do “eu o valgo”. Unha chamada á prudencia, á responsabilidade individual e colectiva, e contra o pensamento máxico que popularizou a autoaxuda nos últimos anos. Escrito por unha das autoras máis respectadas e carismáticas de Estados Unidos. Este libro suscitou unha interesante controversia e está tendo un gran éxito nas súas edicións estadounidense, británica e alemana.
Ademais, podes descargarte os argumentos de Bárbara Ehrenreich contra o pensamento positivo obrigatorio dende aquí: YouTube.