Asemblea Xeral de socios/as 2020

Nov 29, 2020 | Asembleas

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 14 de decembro ás 13:00 h en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Informe do presidente.
  3. Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios 2019 e 2020, e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2021.
  4. Informe da secretaria.
  5. Informe das XXXIX Jornadas de Terapia Familiar celebradas en Santiago de Compostela.
  6. Propostas e suxestións.

Por motivos sanitarios, a Asemblea celebrarase a través da plataforma Zoom, debendo inscribirse previamente enviando un correo a secretaria@atfmgalicia.gal.

 A continuación celebrarase a Asemblea Extraordinaria de socios/as co único punto da orde do día:

  1. Proclamación da candidatura presentada á Xunta Directiva da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.