Asemblea Xeral de socios/as 2019

Xan 31, 2019 | Asembleas

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 13:00 h en primeira convocatoria e ás 13:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
  2. Informe do presidente.
  3. Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios 2017 e 2018, e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2019.
  4. Informe da secretaria.
  5. Organización das XXXIX Jornadas de Terapia Familiar en Santiago de Compostela.
  6. Propostas e suxestións.

 O lugar de celebración da Asemblea será o Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.