A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 13:00 h en primeira convocatoria e ás 13:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
- Informe do presidente.
- Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios 2017 e 2018, e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2019.
- Informe da secretaria.
- Organización das XXXIX Jornadas de Terapia Familiar en Santiago de Compostela.
- Propostas e suxestións.
O lugar de celebración da Asemblea será o Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.