Asemblea Xeral de socios/as 2017

Mar 16, 2017 | Asembleas

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 1 de abril ás 12:00 h en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
  2. Informe do presidente.
  3. Presentación e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2016 e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2017.
  4. Informe da secretaria.
  5. Outorgamento do recoñecemento de socios/as fundadores/as e de honra.
  6. Propostas e suxestións.

 O lugar de celebración da Asemblea será o Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.