A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 1 de abril ás 12:00 h en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
- Informe do presidente.
- Presentación e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2016 e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2017.
- Informe da secretaria.
- Outorgamento do recoñecemento de socios/as fundadores/as e de honra.
- Propostas e suxestións.
O lugar de celebración da Asemblea será o Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.