Baixo o lema “35 anos tecendo redes na Terapia Familiar en Galicia”, o vindeiro sábado 28 de novembro celebraremos os XII Encontros Galegos de Terapia Familiar no edificio Cersia en Santiago de Compostela (ver en Googlemaps).
Será unha xornada para reencontrarnos, compartir experiencias e seguir fortalecendo a nosa comunidade profesional. Ao longo destes 35 anos, a Asociación foi medrando grazas ás persoas asociadas, que co seu traballo contribúen ao desenvolvemento da terapia familiar en Galicia.
Os Encontros son un espazo de intercambio para dar visibilidade ao traballo que se realiza en Galicia desde diferentes contextos profesionais e seguir tecendo redes arredor da terapia familiar.
Inscrición de balde para persoas asociadas
Este ano, a inscrición será de balde para todas as persoas asociadas á ATFM Galicia, e ese mesmo día aproveitaremos tamén para celebrar a Asemblea Xeral de socias/os.
Agardámoste en Santiago de Compostela para compartir unha nova edición dos Encontros Galegos de Terapia Familiar.
PROGRAMA
Programa suxeito a cambios.
Mañá
Tarde
DATOS DE INTERESE
- Horario: de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00
- Lugar: Edificio Cersia, Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n (San Lázaro) 15703 Santiago de Compostela (ver en Googlemaps)
- Prezo:
- Asociados/as da ATFM de Galicia/FEATF/SPTF: De balde
- Colexiados/as do COPG e do COTSG: 15 €.
- Estudante universitario/a, máster e 3º Ciclo: 5 €
- Alumnado centros docentes acreditados: 5 €.
- Demandantes de emprego: 5 €.
- Outros/as profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o martes 24 de novembro ou ata completar a capacidade (100 prazas).
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
- Certificaranse 7.5 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de psicoterapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.
DATOS BANCARIOS
Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326
Banco: CAIXA RURAL GALEGA
Titular: ASOCIACION DE TERAPIA FAMILIAR E MEDIACION DE GALICIA
IMPORTANTE
- Envía nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.
- Engade a documentación que xustifique o tipo de inscrición (colexiación, matrícula, tarxeta desemprego, certificado do centro docente, etc).
- Se queres factura lembra encher os datos necesarios.