Sa(u)na, sa(u)na, cuiño de ra: a sauna como contexto facilitador do afrontamento do medo

Mai 4, 2026 | ATFMG, Seminarios

A ATFM de Galicia organiza o sábado 30 de maio de 2026 o seminario en liña “Sa(u)na, sa(u)na, cuíño de ra: a sauna como contexto facilitador do afrontamento do medo”, impartido por Naomi García Rodríguez.

Naomi García Rodríguez

É psicóloga xeral sanitaria e bióloga pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde obtivo o Premio Extraordinario do Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria. Actualmente realiza o doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica baixo a dirección de Emilio Gutiérrez García, centrado nas aplicacións terapéuticas da sauna na intervención psicolóxica.

Conta con diversas publicacións científicas en revistas internacionais e forma parte, desde 2023, da Unidade Venres Clínicos. Asemade, colabora como psicoterapeuta no Programa de Avaliación e Tratamento Terapéutico de Menores en Situación de Risco e Desamparo, coordinado pola UIICF.

PROGRAMA

Neste seminario abordarase o uso da sauna como ferramenta complementaria na intervención psicolóxica dos trastornos de ansiedade, a partir da experiencia clínica da Unidade Venres Clínicos ao longo de máis de 25 anos.

A partir da resposta do organismo á calor e dos seus efectos psicolóxicos, analizarase o potencial da sauna para modular a experiencia do medo e facilitar os procesos de exposición. Presentaranse tamén as investigacións actualmente en curso na Unidade Venres Clínicos, revisando de maneira específica o caso da fobia ás agullas en colaboración coa psicóloga Sara Marcos Lamas.

Ao longo da sesión reflexionarase, ademais, sobre os posibles mecanismos implicados, as boas prácticas e contraindicacións no uso da sauna, así como sobre as distintas formas de aplicación e integración desta ferramenta no proceso terapéutico.

DATOS DE INTERESE

  • Seminario en liña a través da Plataforma Zoom
  • Horario: de 10:00 a 13:00
  • Prezo: 
    • Asociados/as da ATFM de Galicia/FEATF/SPTF: 10 €.
    • Colexiados/as do COPG e do COTSG: 15 €.
    • Estudante universitario/a, máster e 3º Ciclo:  10 €.
    • Demandantes de emprego: 10 €.
    • Outros/as profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o mércores 27 de maio ou ata completar a capacidade (90 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
  • Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de psicoterapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.

DATOS BANCARIOS

Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326

Banco: CAIXA RURAL GALEGA

Titular: ASOCIACION DE TERAPIA FAMILIAR E MEDIACION DE GALICIA

 

  • Envía nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.

  • Engade a documentación que xustifique o tipo de inscrición (colexiación, matrícula, tarxeta desemprego, etc).

  • Se queres factura lembra encher os datos necesarios.

 

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA:

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad