A ATFM de Galicia organiza para o sábado 27 de setembro de 2025 o seminario “Prevención das condutas suicidas” co psicólogo José Eduardo Rodríguez Otero.

José Eduardo Rodríguez Otero
Psicólogo Clínico na Unidade de Prevención do Suicidio da área Sanitaria de Vigo desde 2021. Traballo eminentemente clínico co obxectivo de evitar o suicidio de persoas que se estima que están en grave risco por realizar tentativas recentes ou estar a ter ideación autolítica grave.
Ten publicacións en revistas nacionais e internacionais, e participación na elaboración de capítulos sobre prevención do suicidio en manuais de tratamentos eficaces. Membro do grupo Ciencia e Divulgación en Prevención e Saúde Mental (Ciprés) da Universidade de Oviedo.
Ten realizado múltiples eventos formativos en contextos sanitarios, educativos e sociais, así coma o proxecto divulgativo chamado “Artículo de los jueves”, no que se comentan artigos sobre prevención do suicidio en Linkedin.
OBXECTIVOS XERAIS:
- Conceptualizar e explicar as condutas suicidas
- Coñecer as medidas de prevención do suicidio con maior respaldo empírico
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Reflexionar sobre o posicionamento ético do terapeuta ante as condutas suicidas.
- Coñecer as cifras de suicidio e as tendencias no ámbito autonómico e estatal.
- Coñecer os principais factores de risco e as implicacións que teñen na abordaxe clínica.
- Coñecer os principais modelos explicativos da conduta suicida.
- Familiarizarse cos conceptos de prevención universal, selectiva e indicada.
- Saber as principais intervencións en cada un dos ámbitos de prevención.
- Fundamentar un caso clínico cunha persoa en risco de suicidio.
- Deseñar unha primeira consulta nunha persoa con ideación autolítica ou tentativa recente.
- Sinalar as particularidades da intervención nunha posvención.
- Coñecer recursos de interese que poidan permitir aumentar os coñecementos no campo.
CONTIDOS:
- Estatísticas
- Posicionamento ético ante as condutas suicidas
- Conceptualización
- Modelo de prevención
- Prevención universal
- Prevención selectiva
- Prevención Indicada
- Posvención
- Recursos de interese
METODOLOXÍA:
- Clase maxistral con exposición dos contidos do programa e exemplos reais de casos que ilustren os mesmos.
- Grupos de traballo entre o alumnado para debater sobre o posicionamento ético ante as condutas suicidas.
- Exposición de casos clínicos reais e espazo para que o alumnado expor cuestións sobre situacións nos que tivese dificultades con esta casuística.
- Constantes referencias ao índice do curso e resumos do explicado para ir avanzando nos contidos sobre a base do xa tratado.
DATOS DE INTERESE
- Lugar: Salón de actos da Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.
- Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
- Prezo:
- Asociados/as da ATFM de Galicia/FEATF/SPTF: 30 €.
- Colexiados/as do COPG e do COTSG: 40 €.
- Estudante universitario/a, máster e 3º Ciclo: 30 €.
- Demandantes de emprego: 30 €.
- Outros/as profesionais: 50 €.
- Prazo: Ata o martes 23 de setembro ou ata completar a capacidade.
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
- Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de psicoterapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.
DATOS BANCARIOS
Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326
Banco: CAIXA RURAL GALEGA
Titular: Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia
-
Envía nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.
-
Engade a documentación que xustifique o tipo de inscrición (colexiación, matrícula, tarxeta desemprego, etc).
-
Se queres factura lembra encher os datos necesarios.