O paradoxo dos obxectivos na Terapia Breve Centrada en Solucións

Mai 26, 2023 | ATFMG, Obradoiros

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 22 de xullo de 2023 o taller “O paradoxo dos obxectivos na Terapia Breve Centrada en Solucións” co psicólogo peruano Jorge Ayala Salinas, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Jorge Ayala é licenciado en Psicoloxía Clínica e especializado en Terapia Breve Centrada en Solucións. Leva máis de 14 anos exercendo en Perú como psicoterapeuta e tamén se dedica á formación de psicoterapeutas, destacando pola súa presenza activa nas redes sociais.

É o fundador da comunidade de terapeutas centrados/as en solucións chamada Insoo, en honor a Insoo Kim Berg, pioneira da terapia breve centrada en solucións.

Podes seguilo en:
Web: www.ayalajorge.com
Youtube: Jorge Ayala
Instagram: Qué ha sido lo más útil
Facebook: Jorge Ayala. Terapia Breve Centrada en Soluciones

PRESENTACIÓN DO TALLER

Hai psicoterapeutas que sosteñen que a Terapia Breve Centrada en Solucións comeza coa construción de obxectivos concretos, específicos, medibles e alcanzables, cuxo éxito radica en alcanzar esas metas. Sexa cal for o obxectivo, a clave está en superar a distancia entre onde estamos e cara onde queremos ir. Ese camiño está cheo de recomendacións para apegarnos a un plan determinado, cara a un éxito facilmente definible.
Pero se iso é tan sinxelo, por que a miúdo as persoas loitan por establecer, perseguir e alcanzar as súas metas? Por que os/as psicoterapeutas se frustran? Por que a relación terapéutica se alonga innecesariamente ou as persoas abandonan a psicoterapia ao non cumprirse a promesa de ser breve ?

A forma na que xestionamos os obxectivos na terapia non está funcionando de maneira efectiva, provocando que moitas persoas cuestionen a natureza mesma das súas ambicións. Perseguir metas ambiciosas pode parecer inútil nun mundo tan caótico. A ambigüidade e as oportunidades son dúas caras da mesma moeda. Navegar pola incerteza é como aprendemos e cambiamos na vida dende sempre. Para prosperar nun mundo cada vez máis turbulento, cómpre un cambio radical e, en lugar de aplicar modelos ríxidos e lineais de xestión de obxectivos, debemos crear espazos nos que as nosas preferencias emerxan.

Perseguir obxectivos e cambiar o comportamento é difícil, pero podemos cambiar esta realidade con aplicación de novas ideas. Ningunha persoa odia o cambio, en si mesmo, senón a ambigüidade que xera incomodade e confusión cando os obxectivos non son claros e aparecen contradicións e paradoxos.

OBXECTIVOS DO TALLER

  1. Tomar mellores decisións na conversa terapéutica.
  2. Descubrir a creatividade dos teus consultantes.
  3. Traballar seguramente en situacións de moita incerteza.
  4. Reducir a ambigüidade para crear orde e prioridades.
  5. Usar a imaxinación para crear escenarios de futuros desexados.
  6. Aprender a especular historias que vinculen ás persoas cos seus desexos.
  7. Enfocarte nas preferencias en lugar dos obxectivos.
  8. Entender o futuro (e non os obxectivos) como obxecto de intención da terapia breve centrada en solucións.
  9. Desenvolver intelixencia de futuros para axudar ás persoas a crear mellores posibilidades e alcanzalas.
  10. Crear unha terapia realmente breve.

PROGRAMA

• O desencanto na terapia.
• A falacia da chegada.
• Dos obxectivos ás preferencias.
• Das solucións ás descricións.
• Intelixencia de Futuros.
• Reavivando a curiosidade e o compromiso para actuar.
• Un antídoto contra a incerteza.
• Creatividade liminal.

DATOS DE INTERESE

  • Seminario PRESENCIAL
  • Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
  • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 30 €. Colexiados/as do COP de Galicia e de Traballo Social 40 €. Outros/as profesionais: 50 €.
  • Prazo: Ata o 14 de xullo ou ata completar a capacidade (100 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
  • Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de terapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.

INVITACIÓN AL TALLER DE JORGE AYALA