A ATFM de Galicia organiza para o sábado 31 de maio de 2025 o seminario en liña “Enfoque de xénero en terapia familiar sistémica” coa psicóloga e psicoterapeuta familiar Alicia Moreno Fernández, a través da plataforma Zoom.

Alicia Moreno Fernández é doutora en Psicoloxía, psicóloga clínica, psicoterapeuta familiar e de parella e supervisora docente acreditada pola FEATF.
Editora dos libros (e autora de varios capítulos) «Manual de terapia sistémica. Principios y herramientas de intervención» (2014), «La práctica de la terapia sistémica» (2018, Ed.Desclee) e de varias publicacións sobre o enfoque de xénero. Autora do artigo «El enfoque de género en terapia de pareja» (revista Mosaico nº87, maio 2024).
Fundadora e directora de FOCUS, un centro de psicoterapia e docencia en terapia familiar sistémica, con programas acreditados pola FEATF. Docente en varios programas universitarios de posgrao para profesionais sanitarios.
PRESENTACIÓN DO SEMINARIO
Este taller é unha invitación para incluír o feminismo e a perspectiva de xénero como un dos eixos do traballo como terapeutas sistémicos, de forma que as nosas intervencións non invisibilicen ou perpetúen situacións de desigualdade entre homes e mulleres.
Abordaremos o impacto das desigualdades sociais e de poder entre mulleres e homes nas relacións de parella e familia, así como os discursos sociais dominantes e os mandatos de xénero (comezando por nós como psicoterapeutas), explorando os seus efectos no espazo terapéutico. Revisaremos os rumbos de xénero implícitos nos nosos modelos teóricos sistémicos e exploraremos como incluír a perspectiva de xénero na formulación de hipótese e estratexias terapéuticas, especialmente na intervención en terapia de parella, sinalando algúns dos patróns relacionales problemáticos que están vinculados co xénero.
.
DATOS DE INTERESE
- Seminario en liña a través da Plataforma Zoom
- Horario: de 10:00 a 13:00
- Prezo:
- Asociados/as da ATFM de Galicia/FEATF/SPTF: 10 €.
- Colexiados/as do COPG e do COTSG: 15 €.
- Estudante universitario/a, máster e 3º Ciclo: 10 €.
- Demandantes de emprego: 10 €.
- Outros/as profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o mércores 28 de maio ou ata completar a capacidade (90 prazas).
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
- Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de psicoterapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.
DATOS BANCARIOS
Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326
Banco: CAIXA RURAL GALEGA
Titular: Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia
-
Envía nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.
-
Engade a documentación que xustifique o tipo de inscrición (colexiación, matrícula, tarxeta desemprego, etc).
-
Se queres factura lembra encher os datos necesarios.