Intervención familiar en contextos educativos

Feb 23, 2025 | ATFMG, Seminarios

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 5 de abril de 2025 o seminario “Intervención familiar en contextos educativos” coa psicóloga e psicoterapeuta familiar Esther Claver Turiégano, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Esther Claver Turiégano (estherclaver.com) é doutora en Psicoloxía, Terapeuta Familiar e Supervisora Docente. Profesora na Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza. Traballa desde hai máis de 20 anos por e para unha Educación Inclusiva desde áreas de discapacidade e problemas de aprendizaxe.

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

Na actualidade considérase que prestar servizos de intervención e asesoramento ás familias é unha estratexia fundamental para promover na súa totalidade a saúde e o desenvolvemento das crianzas. Porén, esta tarefa non é sinxela, xa que require a presenza de especialistas con formación en terapia familiar e que incorporen tamén a ciencia da intervención educativa.

OBXECTIVOS

• Comprender as causas do eterno conflito familia/escola.
• Propoñer procesos sistémicos para unir sinerxías entre ambos os sistemas.

METODOLOXÍA

Ao tratarse dunha formación en liña, realizarase unha exposición con soporte audiovisual e manteranse abertos os micros e as cámaras das persoas asistentes de forma continua para facilitar a interacción en todo momento.

PROGRAMA

• Sinerxías familia/escola
• Por que non me gustan os “deberes” escolares
• Por que os videoxogos ensinan mellor ca a escola
• Claves do éxito na relación familia/escola

DATOS DE INTERESE

  • Seminario en liña a través da Plataforma Zoom
  • Horario: De 10:00 a 13:00 horas (hora española)
  • Prezo:
    • Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €.
    • Colexiados/as do COP de Galicia e de Traballo Social 15 €.
    • Outros/as profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o 2 de abril ou ata completar as 90 prazas.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
  • Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de terapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.

DATOS BANCARIOS

Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326

Banco: CAIXA RURAL GALEGA

Titular: Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia

 

Enviade nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.

Se queredes factura lembrade encher os datos necesarios.

 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA: