Familias no proceso de transición de xénero: papel, necesidades e acompañamento

Mar 24, 2022 | ATFMG

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 26 de marzo de 2022 o seminario “Familias no proceso de transición de xénero: papel, necesidades e acompañamento” co psicólogo clínico e terapeuta familiar Carlos Álvarez García, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Entre 1993 e 2008, desenvolveu a súa labor profesional como psicólogo clínico na Unidade de Rehabilitación Psiquiátrica e desde entón ata o ano 2020, foi psicólogo clínico na Unidade de Saúde Mental 4 do CHUS. Foi supervisor en terapia familiar ata o ano 2010 na Unidade “Venres clínico” na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade, exerce a psicoloxía na Unidade Hospitalización Infanto-Xuvenil e no servizo de endocrinoloxía na Unidade de xénero e Unidade de cirurxía bariátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Ademáis, é profesor titor no Departamento de Psicoloxía da Personalidade no centro asociado da UNED de Pontevedra.

 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

A comunicación dun cambio de identidade de xénero nunha familia vai afectar a todo o sistema. Hai familias con recursos suficientes como para afrontar e manexar ese cambio, facer unha boa aceptación e conseguir un proceso adecuado sen ningunha axuda. Outras familias, en cambio, van necesitar dun acompañamento que lles guíe e axude durante todo ou unha parte dese proceso.

OBXECTIVOS DO SEMINARIO

  • Abordar as dificultades que se poden dar dentro do proceso de transición de identidade de xénero facendo especial énfase no papel da familia como parte implicada xa que desde un enfoque sistémico sabemos que os cambios dentro dun sistema familiar van afectar a cada un dos seus integrantes e a resposta destes vai ser significativa para o equilibrio e axuste de todo o sistema e de cada unha das súas partes.
  • Ofrecer, sen caer en dogmatismos terapéuticos, unhas ideas para traballar coas familias e coas propias persoas transxénero de forma que poidan levar a cabo unha boa “transición” e axuste.

PROGRAMA

  1. Introdución: Contexto de traballo, conceptos básicos e dificultades.
  2. Transxénero e familia: Etapas e dificultades que poden atravesar os membros da familia.
  3. Traballo coa familia: Obxectivos, sesións individuais, sesións familiares sen o familiar transxénero e sesións conxuntas.
  4. Conclusións do seminario.

DATOS DE INTERESE:

  • Seminario en liña a través da Plataforma Zoom
  • Horario: De 9:30 a 12:30 horas (hora española)
  • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia e de Traballo Social 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o 22 de marzo ou ata completar o aforo (90 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.com
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
  • Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de terapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.