A ATFM de Galicia organiza para o sábado 6 de abril de 2024 o seminario “Contame algo que me reconforte” co psicólogo e psicoterapeuta familiar Fran Serrano Rangel, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Fran Serrano é master en psicoloxía clínica e especialista en psicooncoloxía. A súa traxectoria está estreitamente vinculada ao mundo da psicoterapia familiar, sendo membro fundador da asociación estremeña AETFS. Ademais, foi formador na Escuela de Terapia Familiar Milenia e secretario da FEATF.
O seu coñecemento abrangue procesos relacionados coa morte e o dó. Tamén destaca como escritor, publicando obras de novela e poesía.
Actualmente, Fran Serrano traballa na Fundación Atenea e participa no proxecto Caixa Proinfancia. Ademais, colabora activamente coa Asociación Cuéntame algo que me reconforte, dedicada a elaborar contos personalizados para nenos e nenas en coidados paliativos.
PRESENTACIÓN DO SEMINARIO
No seminario, Fran Serrano Rangel compartirá este fermoso proxecto de contos deseñados especialmente para os pequenos en situacións de coidados paliativos e as súas familias. O obxectivo é preparar tanto aos nenos como aos seus familiares para a viaxe máis aló das montañas, tal como se relata na súa obra “Zazá y la historia de Rui” (2022).
Ademais, abordaranse diferentes cuestións relacionadas coa morte infantil e o dó desde unha perspectiva narrativa constructivista.


“Cuentos que arrancan sonrisas a niños enfermos”
Publicado no medio dixital: elcorreogallego.es 04/04/2024
- La asociación ‘Cuéntame algo que me reconforte’ crea historias personalizadas para pequeños que reciben cuidados paliativos
- Son una potente arma para superar el duelo
DATOS DE INTERESE
- Seminario en liña a través da Plataforma Zoom
- Horario: De 9:30 a 12:30 horas (hora española)
- Prezo:
- Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €.
- Colexiados/as do COP de Galicia e de Traballo Social 15 €.
- Outros/as profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o 2 de abril ou ata completar as 90 prazas.
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
- Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de terapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.
DATOS BANCARIOS
Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326
Banco: CAIXA RURAL GALEGA
Titular: Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia
Enviade nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.
Se queredes factura lembrade encher os datos necesarios.
Presentación do seminario polo autor