Aplicacións da IA na terapia breve

Ago 4, 2024 | ATFMG, Seminarios

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 5 de outubro de 2024 o seminario “Aplicacións da IA na Terapia Breve” co psicólogo e psicoterapeuta familiar Alberto Zamanillo Díaz, na aula “Xoan Viqueira” da Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Alberto Zamanillo Díaz é doutor en Psicoloxía pola Universidade de Málaga. Conta con habilitación sanitaria e exerce no Centro de Psicoterapia Breve en Málaga. Colaborador docente e psicoterapeuta familiar acreditado pola ATFM de Galicia. Profesor asociado na Universidade de Loyola Andalucía.

Actualmente é o coordinador de investigación na FEATF no proxecto REPOFEATF, construción dun repositorio para a investigación.

INTERESE SANITARIO

ESTE SEMINARIO CONTA CO RECOÑECEMENTO DE INTERESE SANITARIO PARA ACTOS CIENTÍFICOS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE CO NÚMERO: SA301A 2024/20-1 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

A intelixencia artificial (IA) está a transformar numerosas disciplinas na actualidade, ofrecendo novas oportunidades para mellorar a eficacia e personalización do tratamento nas profesións sanitarias. Neste seminario, exploraremos como a IA pode integrarse na práctica terapéutica para potenciar o traballo do/a psicoterapeuta, desde a identificación rápida de patróns ata a creación de intervencións personalizadas.

O seminario presentará os conceptos básicos da IA e o seu funcionamento, proporcionando ás persoas asistentes unha comprensión clara de como estas tecnoloxías poden aplicarse no contexto clínico. Amosaranse exemplos reais de uso e ofreceranse oportunidades para experimentar con ferramentas de IA en dinámicas interactivas. As persoas asistentes aprenderán a utilizar a IA de maneira ética e efectiva, empregándoa como unha ferramenta complementaria que fortalece a intervención terapéutica.

Este evento está deseñado para psicoterapeutas que buscan innovar na súa práctica, aproveitando a tecnoloxía para ofrecer un enfoque máis adaptado e dinámico na terapia breve.

OBXECTIVOS

Este seminario basearase fundamentalmente en:

  • Comprender o funcionamento da IA (principalmente, modelos grandes de linguaxe, LLM en inglés).
  • Demostrar posibles integracións da IA na terapia sistémica breve.

METODOLOXÍA

Toda a formación combinará a presentación teórica con quendas de preguntas e discusión sobre a temática.

  • Presentación teórica: Introduciremos os conceptos fundamentais da intelixencia artificial, explicando o seu funcionamento.
  • Prácticas e xogos de roles: Ofreceremos actividades interactivas e xogos de roles para experimentar con ferramentas de IA, que permitirán explorar as posibles integracións da IA na terapia sistémica breve de maneira práctica e dinámica.

PROGRAMA

  • Introdución á psicoloxía baseada na evidencia
  • Usos da IA en psicoloxía
  • Aplicacións prácticas da IA na terapia sistémica breve (exemplos de diversas utilidades)
  • Ética e boas prácticas

DATOS DE INTERESE

  • Lugar: Aula “Xoan Vicente Viqueira” da Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
  • Prezo: 
    • Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e demandantes de emprego 30 €.
    • Colexiados/as do COP de Galicia, de Traballo Social e de Educación Social 40 €.
    • Outros/as profesionais: 50 €.
  • Prazo: Ata o martes 1 de outubro ou ata completar a capacidade (100 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
  • Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de psicoterapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.

DATOS BANCARIOS

Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326

Banco: CAIXA RURAL GALEGA

Titular: Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia

 

Envía nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago.

Engade a documentación que xustifique o tipo de inscrición (colexiación, matrícula, tarxeta desemprego, etc).

Se queres factura lembra encher os datos necesarios.

 

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA: