A ATFM de Galicia organiza para o sábado 1 de xuño de 2024 o seminario “A terapia provocativa e o poder do humor e a incongruencia” co psicólogo e psicoterapeuta familiar Federico Sarink, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.
Federico Sarink é psicólogo e terapeuta familiar provocador. Traballa na súa propia consulta en Leiden, os Países Baixos, con clientes internacionais. Ensina na universidade “Vrije Universiteit van Amsterdam” a estudantes do máster de Psicoloxía Clínica.
A través do programa do doutoramento da Universidad de Almería está a investigar o papel do humor na terapia. Imparte relatorios, seminarios e cursos en España e Latinoamérica en castelán. É o autor de Terapia provocativa, el terapeuta como abogado del diablo (2019), o primeiro libro en castelán sobre este tema.
É socio da Asociación Andaluza de Terapia Familiar, da Asociación Vasco-Navarra de Terapia Familiar e da EFTA. A súa páxina web é https://humorinpsychotherapy.com/
INTERESE SANITARIO
ESTE SEMINARIO TEN RECOÑECEMENTO DE INTERESE SANITARIO PARA ACTOS CIENTÍFICOS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE CO NÚMERO: SA301A 2024/10-1
VIDEO DE INTRODUCCIÓN DO SEMINARIO POLO AUTOR
Libro publicado polo autor
PRESENTACIÓN DO SEMINARIO
No seu libro “Cambio” (1974) Watzlawick, Weakland e Fish explican como podemos acadar un cambio real e estable cos nosos/as clientes. É importante estimular ás persoas usuarias para que saian do seu marco de referencia habitual. O/A terapeuta xoga un papel importante a través do uso de intervencións humorísticas e paradoxas.
Esta idea encaixa moi ben coa terapia provocativa de Frank Farrelly, quen publicou o seu libro no mesmo ano, no que describe o seu método que se caracteriza por unha mestura de bo contacto, moito humor e o desafío. Farrelly conta como a moitos/as terapeutas resúltalles bastante fácil aprender a usar o desafío como técnica. Sen embargo, incorporar o humor de maneira efectiva dentro do contexto dunha relación terapéutica pode resultar máis complexo. O autor describe este aspecto como “a faísca nos ollos do terapeuta“, subliñando a importancia de crear unha conexión auténtica e cálida coas persoas consultantes, á vez que se desafían os seus pensamentos e comportamentos habituais para facer que saian dos seus marcos de referencia habituais.
Albert Ellis describe no seu libro (1977) que o problema das persoas que acuden a psicoterapia é que se toman demasiado en serio a si mesmos/as, á vida e aos seus problemas. Segundo Ellis, este exceso de seriedade pode ser un obstáculo para o progreso na terapia. Neste contexto, as bromas amigables xogan un papel fundamental xa que axudan a aliviar a tensión e contribúen a crear un ambiente máis distendido na terapia.
Neste seminario sobre terapia provocativa, as persoas participantes aprenderán a desafiar os patróns de pensamento dos clientes/as, mantendo unha conexión empática con eles/as, ensinándolles a non tomarse demasiado en serio os seus patróns. Entón xurdirá un espazo de liberdade e humor para tomar outras decisións e aumentarán as posibilidades de que os/as clientes acaden un cambio duradeiro e satisfactorio.
OBXECTIVOS
- Coñecer e traballar cos sete supostos provocativos na terapia.
- Identificar as semellanzas entre a Terapia Provocativa e a Terapia Familiar, baseado nas leccións das persoas pioneiras neste eido.
- Aplicar de forma integrada o bo contacto, o humor e o desafío no proceso terapéutico.
- Desenvolver habilidades prácticas para aplicar o desafío con clientes individuais, parellas e familias na consulta despois de completar o seminanrio.
METODOLOXÍA
O seminario desenvolverase mediante unha combinación de teoría, exercicios prácticos, discusións e demostracións.
Prestarase especial atención á práctica, seguindo o lema “Aprender experimentando”.
DATOS DE INTERESE
- Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.
- Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas
- Prezo:
- Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e demandantes de emprego 30 €.
- Colexiados/as do COP de Galicia, de Traballo Social e de Educación Social 40 €.
- Outros/as profesionais: 50 €.
- Prazo: Ata o xoves 30 de maio ou ata completar a capacidade.
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
- Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de psicoterapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.
DATOS BANCARIOS
Nº de Conta: ES23 3070 0035 2063 1747 8326
Banco: CAIXA RURAL GALEGA
Titular: Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia
Enviade nun correo a ficha de inscrición adxunta xunto co xustificante de pago. Engadide a documentación que xustifique o tipo de inscrición (colexiación, matrícula, tarxeta desemprego, etc).
Se queredes factura lembrade encher os datos necesarios.