A intervención con parellas desde o modelo breve: Un enfoque minimalista

Feb 12, 2023 | ATFMG, Seminarios

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 18 de marzo de 2023 o seminario “A intervención con parellas desde o modelo breve: Un enfoque minimalista” coa psicóloga, psicoterapeuta familiar e mediadora  Raquel Maresma Bernal, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Licenciada en Psicoloxía na Universidade de Barcelona, conta cun Máster en Terapia Familiar Sistémica e é especialista en Terapia Breve de Resolución de Problemas (MRI).

Es psicóloga Xeral Sanitaria, psicoterapeuta familiar e membro da Societat Catalana de Terapia Familiar (SCTF).

Fundadora do Brief Therapy Center Barcelona, centro asociado ao MRI, exerce como psicoterapeuta no ámbito privado e en colaboración con organismos públicos.

Raquel Maresma é docente externa no Programa de Máster na Universidade de Barcelona e na Universidade Internacional de Valencia. Asemande, é directora e docente no posgrao en Terapia Breve de Resolución de Problemas que se imparte no Instituto Sistémico de Barcelona e na Escuela de Terapia Familiar do Hospital de Sant Pau na modalidade en liña.

É coordinadora do Grupo de Traballo de Terapias Breves do Colexio Oficial de Psicoloxía de Catalunya.

 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

Presentación da abordaxe sistémica do Modelo de Terapia Breve de Resolución de Problemas no ámbito da terapia con parellas.

Expoñeranse os preceptos básicos, as etapas de intervención e as técnicas principais do modelo exemplificándoo co traballo realizado nalgúns casos. Describirase a metodoloxía do modelo aplicada ao ámbito do traballo con parellas poñendo unha énfase especial na simplicidade do proceso terapéutico ao traballarse maiormente cun só membro da parella.

Exponse unha proposta de traballo con parellas que ten por obxectivo a abordarxe das problemáticas sen axustar a terapia de parella a un formato de sesións conxuntas que podería limitar a maniobrabilidade de acción terapéutica e a ollada flexible e circular do/a terapeuta sistémico/a.

 

Raquel Maresma, xunto a Marcelo R. Ceberio, son coautores de “Cuando duele el amor” publicado en 2022 na editorial Herder.

Neste libro, Marcelo R. Ceberio e Raquel Maresma desenvolven na primeira parte do texto algunhas reflexións teóricas sobre o amor e as parellas, que permiten ao lector deambular por diferentes crenzas en relación ao amor e ás relacións de parella. A segunda parte está composta polas historias de terapia con final aberto, onde Raquel e Marcelo recompilaron e novelaron oito historias reais de parellas en terapia, preservando a identidade dos/as protagonistas.

 

DATOS DE INTERESE

  • Seminario en liña a través da Plataforma Zoom
  • Horario: De 9:30 a 12:30 horas (hora española)
  • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia e de Traballo Social 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o 14 de marzo ou ata completar o aforo (90 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a secretaria@atfmgalicia.gal
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
  • Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de terapeuta familiar e dos diferentes niveis de docencia.