Estes son os criterios mínimos para a ACREDITACIÓN de Terapeutas de Familia e de Expertos en Intervención Sistémica seguindo os criterios da FEATF:
TERAPEUTA FAMILIAR
- Titulación relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.
- Ter cursado un programa de tres anos.
- Ter como mínimo 600 horas de formación en terapia familiar teórico práctica e 150 horas de supervisión clínica nunha escola acreditada.
- Un mínimo de 75 horas de Traballo Persoal.
PROCEDEMENTO: Enviar un correo electrónico co Formulario de solicitude de acreditación e a documentación escaneada requirida a: secretaria@atfmgalicia.gal
A acreditación dos/as terapeutas de familia aprobarase na seguinte reunión da Comisión de Acreditacións. Dita acreditación terá unha validez de 5 anos. Unha vez recibida a certificación correspondente por correo postal poderase solicitar á FEATF o título de Terapeuta Familiar.
FORMULARIO: En arquivo adxunto.
EXPERTO/A EN INTERVENCIÓN SISTÉMICA
- Titulación relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.
- Ter cursado un programa de dous anos
- Ter como mínimo 400 teórico prácticas e 50 de supervisión clínica.
PROCEDEMENTO: Enviar un correo electrónico co Formulario de solicitude de acreditación e a documentación escaneada requirida a secretaria@atfmgalicia.gal
FORMULARIO: Solicítao por correo a secretaria@atfmgalicia.gal