Actividades - atfmgalicia.gal

  • 8th EFTA Congress - Istanbul 2013

    Es un placer de invitarle a participar en el 8º Congreso de la Asociación Europea de Terapia Familiar - EFTA - organizado en cooperación con la Asociación de Terapia Familias y Marital de Turquía (Aile he Evlilik Terapileri Dernegi - AETD).

    El Congreso se celebrará los días 24 a 27  de octubre de 2013 en Estambul, Turquía - una ciudad de gran belleza y diversidad cultural.
    El tema del Congreso es: "Oportunidades en Tiempos de Crisis: El Papel de la Familia"

    Distinguidos colegas de toda Europa y de todo el mundo se reunirán en lo que promete ser muy interesante y fructífero evento, muy pertinente a la realidad global siempre cambiante de hoy.

    Nuestro objetivo es la creación conjunta de una reunión muy interactiva que servirá de foro para el intercambio de ideas, de experiencias y de estudios rigurosos a la vanguardia de los avances en la teoría y práctica sistémica - un encuentro que facilite el intercambio científico y humano.

    Esperamos que se unan a nosotros en el proceso de creación de este Congreso, enviando sus propuestas y contribuyendo a su éxito.

  • Actividades

  • As novas Masculinidades como instrumento transformador nos procesos de Terapia Familiar e de parella

     A ATFM de Galicia organiza para o sábado 24 de marzo de 2018 a xornada "As novas masculinidades como traballo introspectivo e instrumento transformador nos procesos de terapia familiar e de parella" co psicólogo social e terapeuta familiar e de parella Miquel Far na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

    Miquel Far é profesor na Universitat de les Illes Balears (UIB), membro do grupo de investigación sobre igualdade de xénero da UIB e presidente da Asociación Balear de Intervención Sistémica (ABIS). Seguindo este enlacepodes ver a presentación da xornada.

    Esta xornada pretende crear un espazo de reflexión, individual e grupal, para o conxunto de participantes que asistan a esta formación. O obxectivo central é transmitir e interiorizar a importancia de entender a relación existente entre os modelos de masculinidade dominantes na nosa sociedade, as relacións de poder entre xéneros, a disfuncionalidade relacional derivada desta distribución do poder, as condutas de risco asociadas á masculinidade hexemónica, a violencia ligada ao xénero masculino, o dano emocional e a nula xestión dos conflitos no mundo relacional.

    A finalidade é que os/as profesionais integren os coñecementos e as estratexias que desenvolve a formación, para xerar unha visión persoal, profesional e relacional máis consciente e igualitaria, que preveña condutas futuras, derivadas da presión social do concepto dominante de masculinidade, xa non só na súa contorna laboral e na súa praxe diaria, senón tamén no seu propio mundo relacional.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €.
    • Profesionais dos CIMs e dos programas de Violencia de Xénero e Abramos o Círculo 60 €. Resto: 80 €.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
    • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

  • Celebración do 25 Aniversario da ATFM

    O sábado 1 de abril de 2017, ás 14:00 horas aproximadamente, terá lugar un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa para celebrar todos/as xuntos/as o 25 aniversario da Asociación.

    Se desexas participar no xantar deberás abonar 20€ á entrada dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar. Por motivos de organización, e co fin de ultimar os preparativos do acto, pedímosche que nos confirmes antes do 27 de marzo se vas asistir ao xantar por correo electrónico.

     

    P.E.: Se tes algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, infórmanos para que poidamos notificalo ao restaurante.

  • Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de maio a Xornada: "Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas". Unha integración desde a Terapia Narrativae a Terapia Sistémica Breve.

    O relator é o psicólogo e terapeuta familiar Chema Rodríguez de Castro, profesor asociado en Traballo Social na Universidade de Illes Balears.

    • Lugar: Sala de Conferencias do Colexio La Salle en Santiago de Compostela. Praza de San Xoán Bautista de La Salle, 1
    • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí

    PROGRAMA

    • A metáfora narrativa. O que contan as persoas sobre si mesmas e as súas relacións.
    • Construíndo problemas e solucións. Conversacións para externalizar problemas e internalizar recursos en parellas.
    • Ideas, estratexias e técnicas para traballar con parellas.
    • Mediación terapéutica en exparellas en conflito?
    • Sexualidade e terapia. Novas posibilidades.
  • Ferramentas sexolóxicas básicas para a terapia

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de xuño de 2017 a xornada Ferramentas sexolóxicas básicas para a Terapia a cargo de Penélope Alonso Vázquez, licenciada en psicoloxía pola USC, especialista en Sexoloxía no Incisex (universidade de Alcalá), trainning en Sexoloxía clínica en Biko Arloak (Bilbao), con consulta privada de sexoloxía desde 2005, secretaria da xunta directiva da Asociación Estatal de Profesionales de la Sexología (AEPS) e presidenta da Asociación Sexus. 

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga abaixo a ficha de inscrición

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

    PROGRAMA

    • Introdución ás nocións básicas da Sexoloxía Sustantiva.
    • Conceptos centrais da Episteme Sexolóxica.
    • A parella como eixo central da Terapia, modelo de atención baseado na Teoría de Parella.
    • Abordaxe das dificultades eróticas máis comúns desde a perspectiva sexolóxica.
    • Unha aproximación ás realidades das identidades sexuais e orientacións do desexo.
    • Sexoloxía Clínica. Discusión de casos.
  • II Congreso Ibérico

    A Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar (SPTF) e a Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar (FEATF) organizan o II Congreso Ibérico de Terapia Familiar "Familia e sociedade novos modelos de intervención".

    • Lugar: ISCTE Instituto Universitário de Lisboa
    • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2012
    • Prezos reducidos ata o 21 de setembro.
    • Máis información na súa web.
    • Traducción simultánea para as actividades levadas a cabo pola mañá: conferencias e mesas redondas.

     

  • III Congreso Ibérico

    A Asociación Extremeña de Terapia Familiar Sistémica – AETFS– xunto coa Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar – FEATF – e a Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar – SPTF –  organizan o III Congreso Ibérico de Terapia Familiar "Familias en crisis, terapeutas en cambio" que terá lugar do 29 ao 31 de outubro en Cáceres.

    • Lugar: Institución Cultural El Brocense Ronda de San Francisco s/n 10002 Cáceres
    • Datas: 29, 30 e 31 de outubro de 2015.
    • Prezos reducidos ata o 30 de setembro.
    • Máis información nesta web.
  • IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar

    O IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar celebrarase en Coimbra (Portugal) os días 25, 26 e 27 de outubro de 2018. Co título: “Amor en tempos de crise. Desafíos á parella, á familia e á sociedade”.

    Nesta ocasión, tócalle a quenda á Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar, que nos acollerá na Universidade de Coimbra.

    • Lugar: Auditorio do Rectorado da Universidade de Coimbra.
    • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2018.
    • Máis información nesta web.
  • IX Congreso de la Asociación Europea de Terapia Familiar

    Este ano celebrarase en Atenas o IX Congreso da Asociación Europea de Terapia Familiar (EFTA) do 28 de setembro ao 1 de outubro.

  • IX Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os IX Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 20 de febreiro de 2016 e que se centrarán nas violencias desde a perspectiva da Terapia Familiar.

    Nestes IX Encontros Galegos de Terapia Familiar terán cabida relatores/as convidados pola Asociación. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

    • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
    • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
    • Hora: De 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 8 h de formación)

    Estes IX Encontros serán de balde para os asociados e as asociadas da ATFM de Galicia, tal e como se acordara no anterior Encontro. Tamén serán de balde para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar.

    Non socios/as: 60 €

    Estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

    Tríptico dos IX Encontros Galegos de Terapia Familiar: descárgao aquí.

    PROGRAMA:

    • "Terapia familiar nos Centros de Información ás Mulleres: da asistencia á terapia" a cargo de Liliana Barral Caneda, Beatriz Monroy Cardoso e José Manuel Valdivia Moreno.
    • ​"Aproximación ao traballo con maltratadores: Buscando diferenzas ou regularidades?" por Manuel Lopo Lago.
    • "Loitando polo poder" a cargo de Fernando de la Cueva López-Chaves.
    • Presentación de comunicacións libres.
  • Método Gottman de Terapia de Parella

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 3 de decembro de 2016 a xornada Método Gottman de Terapia de Parella a cargo de Nuria Hervás Jávega, presidenta da Asociación Andaluza de Terapia Familiar e Supervisora Docente, obtivo a titulación de Terapeuta Familiar polo Ackerman Institute (Nueva York).

    Gottman

    Durante os anos 80 e 90 John Gottman, o matemático convertido en psicólogo, gravou en vídeo e estudou máis de 3.000 parellas no seu "Laboratorio do Amor", na Universidade de Washington. Realizou un seguimento destas parellas durante máis de dúas décadas para comprobar quen se divorciaba, quen establecía vidas paralelas e quen se mantiña xuntos (felices ou non).

    Converteu estes datos en números e descubriu que podía predicir un divorcio cun 91% de acertos, con só observar a parella durante unha discusión de 5 minutos no seu Laboratorio do Amor.

    Actualmente, no campo da terapia de parella, a maior parte do que sabemos do matrimonio e do divorcio, provén do traballo de Gottman. Nas súas investigacións, John e Julie Gottman, descubriron que todas as parellas discuten, e que mesmo as parellas máis felices, non resolverán nunca un 69% dos seus conflitos. A clave para a lonxevidade da relación non é se a parella pelexa ou non; senón como o fai. E despois como se reconcilian.

    En 1994, Gottman e a súa esposa, Julie Schwartz Gottman, psicóloga clínica, crearon un método de terapia de parella baseada na evidencia. Desde entón publicaron máis de 40 traballos.

    Viaxan por todo o mundo adestrando profesionais. Desenvolveron un taller de fin de semana para parellas, denominado: The Art and Science of Love, que se fixo inmensamente popular en USA.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga abaixo a ficha de inscrición.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

    PROGRAMA

    1. Principios do Método Gottman de Terapia de Parella.
    2. Laboratorio do Amor
    3. Que é disfuncional nas relacións: Mitos
    4. Que é disfuncional nas relacións: Verdades cientificamente probadas.
    5. Os 4 Xinetes da Apocalipse.
    6. Tipoloxía de Parellas.
    7. A Casa da Relación Sólida.
    8. Avaliación.
    9. Intervención.

     

     

  • Obradoiro Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 7 de febreiro de 2015 o Obradoiro "Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica"  que tratará sobre o traballo dos psicólogos e psicólogas especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes.

    A  psicóloga e terapeuta familiar Ana Isabel Martínez Arranz é a Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con ela,  abordaremos os aspectos técnicos que servirán para situarnos no marco de actuación neste tipo de intervención e o papel que desempeñan os psicólogos nelas. Asemade, traballarase en grupo sobre casos reais e a exposición posterior servirá para clarificar as partes da intervención e as dúbidas xurdidas.

    • Lugar: Local da ATFM en Picaraña - Padrón
    • Horario: De 9:30 a 13:30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
    • Prezo: 10€ para socios/as, desempregados e estudantes universitarios. Non socios/as: 25€.
    • Aforo limitado a 50 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.

    OBXECTIVOS

    • Coñecer o marco e os principios de actuación que rexen a intervención psicolóxica en situacións críticas.
    • Abordar o papel, as funcións e tarefas que ten o psicólogo/a neste ámbito de actuación.
    • Adquirir habilidades básicas para a intervención nestas situacións.
    • Reflexionar sobre as achegas da terapia familiar á intervención como psicólogos/as de emerxencias.

    PROGRAMA

    • Intervención psicolóxica en emerxencias: obxectivos, funcións, situacións de intervención, principios de actuación, papel do psicólogo/a, a visión desde a sistémica.
    • Primeiros Auxilios Psicolóxicos.
    • Resolución de casos prácticos.
  • Obradoiro Unha ollada apreciativa na intervención comunitaria

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 22 de febreiro de 2014 o Obradoiro "Unha ollada apreciativa na intervención comunitaria"  coas psicólogas Carolina Martín Vázquez  e  Dácil J. Baute Hidalgo,  dende o modelo de Intervención Sistémica Breve.

    Neste obradoiro teremos unha conversa entre todos os participantes, na que poderemos experimentar e reflexionar sobre metodoloxías de traballo grupais, especialmente, a Indagación Apreciativa nos contextos comunitarios e educativos.

    • Lugar: Sede da Asociación na Picaraña (Padrón)

    • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga a ficha de inscrición dende aquí.

    OBXECTIVOS

    • Coñecer a Indagación Apreciativa como unha filosofía-metodoloxía que favorece o traballo grupal.
    • Adquirir recursos e habilidades que favorezan a posta en marcha da Indagación Apreciativa e fomenten a cohesión grupal e o deseño e desenvolvemento de proxectos comunitarios.
    • Coñecer contextos e proxectos comunitarios e educativos onde se aplica esta metodoloxía.

    CONTIDOS
     

    • Contextualización dos proxectos: “Xuntos na mesma dirección” (promovido dende a Área de Acción Exterior do Cabildo de Tenerife coa colaboración do Observatprop da Inmigración de Tenerife OBITen) e “Barrios polo Emprego” (xestionado pola Fundación Xeral da Universidade de La Laguna co financiamento do Servizo Canario de Emprego, o Cabildo Insular de Tenerife e o Concello de San Cristóbal de La Laguna.).
    • Unha experiencia de indagación apreciativa na escola.
    • Principios filosóficos, ferramentas e fases da indagación apreciativa. 
    • Resultados da experiencia nos proxectos.
    • Avaliación do obradoiro

    METODOLOXÍA

    O habitual cando se prepara calquera curso ou obradoiro de calquera tema é plantexarse uns obxectivos, uns contidos, unha metodoloxía... Así foi como organizamos nun primeiro intre, este obradoiro sobre a Indagación Apreciativa, aplicada ao traballo comunitario, e así é como está expresado no programa do mesmo. Non obstante, seguindo os propios principios deste modelo, pensamos en aplicar outra metodoloxía diferente, na que os propios participantes poidan decidir os obxectivos e os contidos do obradoiro, partindo das súas propias experiencias e favorecendo unha aprendizaxe significativa, vivencial e colaborativa. Deste xeito, os participantes viviran en primeira persoa o contido obxecto deste obradoiro, para despois facer unha meta-análise do experimentado, ver algúns exemplos de experiencias nas que se utilizou esta metodoloxía en contextos comunitarios e educativos e, a partires de extraer as claves para aplicar este proceso á realidade profesional de cada un/ha.

    A metodoloxía utilizada para este obradoiro será, por tanto, a do modelo de Indagación Apreciativa. Este modelo ten moitísimas cousas en común co Modelo sistémico Breve, e tamén algunhas diferenzas. Máis concretamente podemos dicir que a Indagación Apreciativa (IA) e, en primeiro lugar, unha filosofía actitude ou forma de entender as relacións humanas e as relacións grupais e, en segundo lugar, esta actitude ou metodoloxía transformase nunha metodoloxía que está ao servizo dos grupos e organizacións para axudar a provocar cambios constantes e transformación con miras a que estas acaden o máximo do seu potencial, logren os seus obxectivos e acaden as súas metas, ao tempo que as persoas se sintan máis satisfeitas e realizadas. 

    Esta filosofía e metodoloxía pode utilizarse, por tanto, no contexto de calquera organización ou grupo de persoas que están traballando xuntas para lograr obxectivos comúns: empresas privadas (grandes ou pequenas), asociacións públicas, escolas e universidades, concellos, entidades oficiais, hospitais, organizacións comunitarias e de servizos sociais, grupos formais, grupos informais... É aplicable tanto a macro proxectos, onde estean involucradas moitas entidades sociais, como a micro proxectos, onde participan un grupo de persoas. 

    Un grupo de traballo, un obradoiro, un curso, ou calquera acción de ensinanza - aprendizaxe pode entenderse tamén como un espazo onde un grupo de persoas teñen un obxectivo común: aprender daquelo sobre o que trata o curso ou obradoiro. É por isto polo que temos elixido a IA como metodoloxía para a realización deste obradoiro.
     

  • Pirateo Neuro Lóxico: As botas de 7 leguas para unha psicoterapia eficaz

    A ATFM de Galicia organiza para o venres 25 e o sábado 26 de setembro de 2015 o Seminario: "Pirateo Neuro Lóxico: As botas de 7 leguas para unha psicoterapia eficaz", que ten como obxectivo recuperar a esencia auténtica da Neuro Lingüística.

    Os creadores da PNL, Bandler e Grinder, desenvolveron ideas revolucionarias que nos permiten acelerar os procesos terapéuticos se esas ideas se achan en boas mans. 

    O psicólogo e psicoterapeuta Víctor Amat, docente en Neuro Lingüística con máis de dúas décadas de experiencia, será o encargado de impartir este interesante Seminario sobre PNL, onde poderás descubrir como mellorar a túa vida persoal e profesional.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.

    • Horario: Venres de 16:00 a 20:00 h e sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 50 €. Resto: 90 €.

    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí e o seu cartaz.

    Certificaranse 12 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

    PROGRAMA

    1. Que hai que ter na cabeza para que isto funcione? Epistemoloxía da PNL.
    2. Como porras funcionamos? Creación e utilización do modelo subxectivo do mundo do interlocutor.
    3. Quen leva o autobús? Neuroloxía e procesos de cambio.
    4. Todo isto é para foder? A intención positiva como panca relacional.
    5. Que cambie o outro! Resolución creativa de conflitos.
    6. Turbo psicanálise: Modelo de Reimprinting para cambios de crenzas.

     

  • Seminario De aprender a practicar: o profesional reflexivo

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia ten previsto organizar para o día 16 de xuño o  seminario "De aprender a practicar: o/a profesional reflexivo/a" que será impartido por Gonzalo Martínez Sande, psicólogo clínico, terapeuta familiar e docente pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar.

    • Lugar: Novo local da Asociación en Picaraña - Padrón

    • Hora: De 10 a 14.00 h (Acreditaranse 4 h de formación)

    Podes descargar o tríptico do Seminario dende aquí.

  • Seminario Entre a multitude... pero diferente

    A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o día 26 de novembro o seminario «Entre a multitude... pero diferente». Será impartido polo profesor e catedrático Emilio Gutiérrez, Director da Unidade Venres Clínicos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    • Lugar: Auditorio do Centro Social de Padrón sito no Campo do Souto 2 (Padrón). Conta con aparcamento propio.
    • Hora: De 9.30 a 13.30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
    • Tríptico do seminario "Entre a multitude... pero diferente".
  • Seminario formativo terapeutas do Programa

    O PROGRAMA DE ATENCIÓN A FAMILIAS convoca a todos/as os/as terapeutas a unha reunión de coordinación e de formación sobre como se deben elaborar os informes para o día 21 de maio de 2011.

    • Lugar: Local da ATFMG en Picaraña - Padrón
    • Hora: De 9.30 a 14.30 h (Acreditaranse 5 h de formación)
  • Seminario Mediación e conflito intraxudicial

    A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o día 12 de febreiro un seminario sobre Mediación e Conflito intraxudicial impartido por Juan Daponte Codina:

    • Lugar: Local da Asociación en Picaraña - Padrón
    • Hora: 10.00 a 14.00 h. (Acreditaranse 4 horas de formación)
    • Tríptico: Descarga aquí o tríptico do Seminario.
  • Seminario Os outros

    A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o día 12 de marzo o seminario «Os outros» que tratará sobre o traballo con persoas diagnosticadas de esquizofrenia. Será impartido por Carlos Álvarez e Paula Espiñeira.

    • Lugar: Local da ATFMG en Picañara - Padrón
    • Hora: De 10.00 a 14.30 h (Acreditaranse 4,5 h de formación)
    • Tríptico: Descarga aquí o tríptico do Seminario.

Páxina 1 de 2