O IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar celebrarase en Coimbra (Portugal) os días 25, 26 e 27 de outubro de 2018. Co título: “Amor en tempos de crise. Desafíos á parella, á familia e á sociedade”.

Nesta ocasión, tócalle a quenda á Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar, que nos acollerá na Universidade de Coimbra.

  • Lugar: Auditorio do Rectorado da Universidade de Coimbra.
  • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2018.
  • Máis información nesta web.

 A ATFM de Galicia organiza para o sábado 24 de marzo de 2018 a xornada "As novas masculinidades como traballo introspectivo e instrumento transformador nos procesos de terapia familiar e de parella" co psicólogo social e terapeuta familiar e de parella Miquel Far na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Miquel Far é profesor na Universitat de les Illes Balears (UIB), membro do grupo de investigación sobre igualdade de xénero da UIB e presidente da Asociación Balear de Intervención Sistémica (ABIS). Seguindo este enlace podes ver a presentación da xornada.

Esta xornada pretende crear un espazo de reflexión, individual e grupal, para o conxunto de participantes que asistan a esta formación. O obxectivo central é transmitir e interiorizar a importancia de entender a relación existente entre os modelos de masculinidade dominantes na nosa sociedade, as relacións de poder entre xéneros, a disfuncionalidade relacional derivada desta distribución do poder, as condutas de risco asociadas á masculinidade hexemónica, a violencia ligada ao xénero masculino, o dano emocional e a nula xestión dos conflitos no mundo relacional.

A finalidade é que os/as profesionais integren os coñecementos e as estratexias que desenvolve a formación, para xerar unha visión persoal, profesional e relacional máis consciente e igualitaria, que preveña condutas futuras, derivadas da presión social do concepto dominante de masculinidade, xa non só na súa contorna laboral e na súa praxe diaria, senón tamén no seu propio mundo relacional.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €.
  • Profesionais dos CIMs e dos programas de Violencia de Xénero e Abramos o Círculo 60 €. Resto: 80 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2018_03_24_triptico_GAL.pdf)Triptico galego 474 kB

TERAPIA CENTRADA EN SOLUCIÓNS PARA NENOS, NENAS E ADOLESCENTES DO SÉCULO XXI

(En castellano, aquí)

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de setembro de 2017  a xornada "Estratexias en terapia centrada en solucións para os nenos, as nenas e os adolescentes do século XXI" co psiquiatra e psicoterapeuta finés Ben Furman na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Ben Furman é un psiquiatra de renome internacional, recoñecido prestixio e moi requirido como formador e supervisor no campo da terapia  centrada en solucións. 

É autor de máis de 20 libros, moitos dos cales foron traducidos a diferentes linguas. Entre os seus libros máis coñecidos destaca o seu bestseller “Nunca es tarde para  una infancia feliz” e os seus dous libros sobre habilidades dos nenos (Kid´s Skills),  en España coñecidos como “Yo soy Capaz” os cales se converteron nun método moi popular en Finlandia para axudar a nenos e nenas a superar todo tipo de dificultades emocionais e condutuais.

Ademais, baseado nos mesmos  principios de “Yo soy capaz”, Ben Furman desenvolveu un programa de adestramento de 5 sesións breves para pais,  coidadores  e profesorado titulado “Habilidades dos nenos para pais” (Kid´s skills for parents).  O obxectivo é ofrecerlles  unhas ferramentas útiles para facer fronte aos desafíos e dificultades na educación e crianza dos nenos.  O programa busca familiarizar aos pais con fillos de 3 anos en diante, incluíndo adolescentes, nos principios básicos da Terapia Centrada en Solucións e as súas aplicacións para pais. 

Para máis información sobre o traballo de Ben Furman pódese consultar a súa páxina www.benfurman.com ou a específica acerca do seu programa de intervención terapéutica www.kidsskills.org. Existe, tamén, unha aplicación deste programa para móbiles e tablets e un libro dixital “Kid´s Skills in Action” que se pode conseguir a través de Amazon.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2017_09_09_triptico_GAL.pdf)Tríptico 346 kB
Download this file (ficha_de_inscripción.png)Ficha inscrición 34 kB

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 27 de xaneiro de 2018 o prácticum Técnicas activas e Xenograma  a cargo de Ana Caparrós e Conchi Caro,  presidenta e secretaria da Asociación de Terapeutas Familiares de la Región de Murcia.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h.

  • Destinatarios/as: Asociados/as e alumnos-socios/as da ATFM de Galicia e do resto de asociacións membro da FEATF.

  • Prezo: De balde.

  • Aforo: 40 prazas que se cubrirán por rigurosa orde de chegada das inscricións.

Para realizar a inscrición, envía a ficha escaneada (ou os datos que nela se solicitan) por correo electrónico a: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

PROGRAMA

10:00 Explicación do formato de traballo e corporal.
11:00 Traballo creativo sobre xenograma.

12:30 Power Técnica activa: A Escultura.
13:00 Vivencial: Familia de Orixe.

16:30 Vivencial: Familia de Orixe e corporal.
18:30 Vídeo técnica activa: A mochila (Canevaro) e práctica
da mesma.

NOTA: Cada participante deberá traer un lapis, cores, esterilla, coxín ou manta e calcetíns gordos.

 

Certificaranse 7 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2018-01-27_[GZ]_tripticov2.pdf)Técnicas activas e xenograma 254 kB

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de xuño de 2017 a xornada Ferramentas sexolóxicas básicas para a Terapia a cargo de Penélope Alonso Vázquez, licenciada en psicoloxía pola USC, especialista en Sexoloxía no Incisex (universidade de Alcalá), trainning en Sexoloxía clínica en Biko Arloak (Bilbao), con consulta privada de sexoloxía desde 2005, secretaria da xunta directiva da Asociación Estatal de Profesionales de la Sexología (AEPS) e presidenta da Asociación Sexus. 

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

  • Descarga abaixo a ficha de inscrición

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

PROGRAMA

  • Introdución ás nocións básicas da Sexoloxía Sustantiva.
  • Conceptos centrais da Episteme Sexolóxica.
  • A parella como eixo central da Terapia, modelo de atención baseado na Teoría de Parella.
  • Abordaxe das dificultades eróticas máis comúns desde a perspectiva sexolóxica.
  • Unha aproximación ás realidades das identidades sexuais e orientacións do desexo.
  • Sexoloxía Clínica. Discusión de casos.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2017-06-19_[GZ]_cartel.pdf)CartazCartaz en Galego da Xornada1684 kB
Download this file (2017-06-19_[GZ]_triptico.pdf)TrípticoTríptico en Galego da Xornada810 kB