A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 22 de febreiro de 2014 o Obradoiro "Unha ollada apreciativa na intervención comunitaria"  coas psicólogas Carolina Martín Vázquez  e  Dácil J. Baute Hidalgo,  dende o modelo de Intervención Sistémica Breve.

Neste obradoiro teremos unha conversa entre todos os participantes, na que poderemos experimentar e reflexionar sobre metodoloxías de traballo grupais, especialmente, a Indagación Apreciativa nos contextos comunitarios e educativos.

  • Lugar: Sede da Asociación na Picaraña (Padrón)

  • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)

  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

  • Descarga a ficha de inscrición dende aquí.

OBXECTIVOS

  • Coñecer a Indagación Apreciativa como unha filosofía-metodoloxía que favorece o traballo grupal.
  • Adquirir recursos e habilidades que favorezan a posta en marcha da Indagación Apreciativa e fomenten a cohesión grupal e o deseño e desenvolvemento de proxectos comunitarios.
  • Coñecer contextos e proxectos comunitarios e educativos onde se aplica esta metodoloxía.

CONTIDOS
 

  • Contextualización dos proxectos: “Xuntos na mesma dirección” (promovido dende a Área de Acción Exterior do Cabildo de Tenerife coa colaboración do Observatprop da Inmigración de Tenerife OBITen) e “Barrios polo Emprego” (xestionado pola Fundación Xeral da Universidade de La Laguna co financiamento do Servizo Canario de Emprego, o Cabildo Insular de Tenerife e o Concello de San Cristóbal de La Laguna.).
  • Unha experiencia de indagación apreciativa na escola.
  • Principios filosóficos, ferramentas e fases da indagación apreciativa. 
  • Resultados da experiencia nos proxectos.
  • Avaliación do obradoiro

METODOLOXÍA

O habitual cando se prepara calquera curso ou obradoiro de calquera tema é plantexarse uns obxectivos, uns contidos, unha metodoloxía... Así foi como organizamos nun primeiro intre, este obradoiro sobre a Indagación Apreciativa, aplicada ao traballo comunitario, e así é como está expresado no programa do mesmo. Non obstante, seguindo os propios principios deste modelo, pensamos en aplicar outra metodoloxía diferente, na que os propios participantes poidan decidir os obxectivos e os contidos do obradoiro, partindo das súas propias experiencias e favorecendo unha aprendizaxe significativa, vivencial e colaborativa. Deste xeito, os participantes viviran en primeira persoa o contido obxecto deste obradoiro, para despois facer unha meta-análise do experimentado, ver algúns exemplos de experiencias nas que se utilizou esta metodoloxía en contextos comunitarios e educativos e, a partires de extraer as claves para aplicar este proceso á realidade profesional de cada un/ha.

A metodoloxía utilizada para este obradoiro será, por tanto, a do modelo de Indagación Apreciativa. Este modelo ten moitísimas cousas en común co Modelo sistémico Breve, e tamén algunhas diferenzas. Máis concretamente podemos dicir que a Indagación Apreciativa (IA) e, en primeiro lugar, unha filosofía actitude ou forma de entender as relacións humanas e as relacións grupais e, en segundo lugar, esta actitude ou metodoloxía transformase nunha metodoloxía que está ao servizo dos grupos e organizacións para axudar a provocar cambios constantes e transformación con miras a que estas acaden o máximo do seu potencial, logren os seus obxectivos e acaden as súas metas, ao tempo que as persoas se sintan máis satisfeitas e realizadas. 

Esta filosofía e metodoloxía pode utilizarse, por tanto, no contexto de calquera organización ou grupo de persoas que están traballando xuntas para lograr obxectivos comúns: empresas privadas (grandes ou pequenas), asociacións públicas, escolas e universidades, concellos, entidades oficiais, hospitais, organizacións comunitarias e de servizos sociais, grupos formais, grupos informais... É aplicable tanto a macro proxectos, onde estean involucradas moitas entidades sociais, como a micro proxectos, onde participan un grupo de persoas. 

Un grupo de traballo, un obradoiro, un curso, ou calquera acción de ensinanza - aprendizaxe pode entenderse tamén como un espazo onde un grupo de persoas teñen un obxectivo común: aprender daquelo sobre o que trata o curso ou obradoiro. É por isto polo que temos elixido a IA como metodoloxía para a realización deste obradoiro.
 

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 14 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 12:00 h en primeira convocatoria e ás 12:30 horas en segunda convocatoria co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Informe do presidente.
  • Presentación das contas do exercicio 2012 e aprobación, se procede, do orzamento da ATFM para 2014.
  • Informe da secretaria.
  • Propostas e suxestións.

A Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar organiza, xunto coa Associació Balear d´Intervenció Sistèmica, as XXXIV Jornadas Nacionales de Terapia Familiar.

Palma de Mallorca, 31 de outubro, 1 e 2 de novembro de 2013

Pincha aquí para ver o programa.

Inscricións na web da Associació Balear

A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os VIII Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar  o día 14 de decembro de 2013 no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nestes VIII Encontros Galegos de Terapia Familiarterán cabida ponentes convidados pola Asociación das tres escolas con programas de acreditación de Terapeutas Familiares de Galicia: Sistema, Cambio eLoft. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

  • Lugar:  Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra
  • Enderezo: Rúa Alexandre Bóveda s/n  36005 Pontevedra
  • Hora: De 9:45 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 h (Acreditaranse 7 h de formación)

Tríptico dos VIII Encontros Galegos de Terapia Familiar aquí.

PROGRAMA:

  • "A formación en Terapia Familiar en tempo de crise: Análise crítico dende esta perspectiva" por Pilar Bermejo da Escola TF Loft. 
  • "Non importa o tamaño do paso senón a súa dirección" por Aúrea Losada e María Piensos de Sistema.
  • "Fóra de carta: O manual do terapeuta anónimo" por José Manuel González e José Antonio Muñiz de Cambio.
  • Presentación de comunicacións libres.

Es un placer de invitarle a participar en el 8º Congreso de la Asociación Europea de Terapia Familiar - EFTA - organizado en cooperación con la Asociación de Terapia Familias y Marital de Turquía (Aile he Evlilik Terapileri Dernegi - AETD).

El Congreso se celebrará los días 24 a 27  de octubre de 2013 en Estambul, Turquía - una ciudad de gran belleza y diversidad cultural.
El tema del Congreso es: "Oportunidades en Tiempos de Crisis: El Papel de la Familia"

Distinguidos colegas de toda Europa y de todo el mundo se reunirán en lo que promete ser muy interesante y fructífero evento, muy pertinente a la realidad global siempre cambiante de hoy.

Nuestro objetivo es la creación conjunta de una reunión muy interactiva que servirá de foro para el intercambio de ideas, de experiencias y de estudios rigurosos a la vanguardia de los avances en la teoría y práctica sistémica - un encuentro que facilite el intercambio científico y humano.

Esperamos que se unan a nosotros en el proceso de creación de este Congreso, enviando sus propuestas y contribuyendo a su éxito.