A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza os X Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 1 de abril de 2017 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión pretendemos que os X Encontros sexan un espazo para compartir experiencias e todo aquilo que desexes dar a coñecer aos demais asociados/as. Por iso, este ano o programa depende de vós, coa presentación de comunicacións. Se xa tes a túa, envíanola a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. (título, resumo e duración aproximada).

Lembra que para os/as asociados/as que estean ao corrente de pago os X Encontros son de balde. Tamén para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar. Para inscribirte, envía un correo electrónico coa ficha de inscrición.

Nestes X Encontros Galegos de Terapia Familiar buscamos "encontrarnos" e "reencontrarnos" con todos/as os/as asociados/as que acompañáchedes á ATFM durante estes 25 anos de existencia.

Tras a celebración das Asembleas de socios/as, celebraremos un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa que nos gustaría compartir con todos/as os asociados/as.

Ás 16:00 h terá lugar o acto de recoñecemento aos anteriores presidentes e aos socios/as fundadores/as da ATFM para continuar despois coa presentación de máis comunicacións.

  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
  • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 7 h de formación)
  • Non socios/as: 60 € e estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

Descarga abaixo o cartaz dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar e a ficha de inscrición

PROGRAMA:

  • Conferencia: "ATFM: 25 anos de historia"
  • Presentación de comunicacións libres.
  • Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de socios/as.
  • Xantar de celebración do 25 aniversario
  • Acto de recoñecemento aos presidentes/as e aos fundadores/as da ATFM
  • Presentación de comunicacións.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2017-04-01_[GZ]_cartel copia.png)Cartaz X EncontrosCartaz X Encontros155 kB
Download this file (2017-04-01_[GZ]_ficha_de_inscripción.png)Ficha inscriciónFicha inscrición38 kB

O sábado 1 de abril de 2017, ás 14:00 horas aproximadamente, terá lugar un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa para celebrar todos/as xuntos/as o 25 aniversario da Asociación.

Se desexas participar no xantar deberás abonar 20€ á entrada dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar. Por motivos de organización, e co fin de ultimar os preparativos do acto, pedímosche que nos confirmes antes do 27 de marzo se vas asistir ao xantar por correo electrónico.

 

P.E.: Se tes algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, infórmanos para que poidamos notificalo ao restaurante.

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 3 de decembro de 2016 a xornada Método Gottman de Terapia de Parella a cargo de Nuria Hervás Jávega, presidenta da Asociación Andaluza de Terapia Familiar e Supervisora Docente, obtivo a titulación de Terapeuta Familiar polo Ackerman Institute (Nueva York).

Gottman

Durante os anos 80 e 90 John Gottman, o matemático convertido en psicólogo, gravou en vídeo e estudou máis de 3.000 parellas no seu "Laboratorio do Amor", na Universidade de Washington. Realizou un seguimento destas parellas durante máis de dúas décadas para comprobar quen se divorciaba, quen establecía vidas paralelas e quen se mantiña xuntos (felices ou non).

Converteu estes datos en números e descubriu que podía predicir un divorcio cun 91% de acertos, con só observar a parella durante unha discusión de 5 minutos no seu Laboratorio do Amor.

Actualmente, no campo da terapia de parella, a maior parte do que sabemos do matrimonio e do divorcio, provén do traballo de Gottman. Nas súas investigacións, John e Julie Gottman, descubriron que todas as parellas discuten, e que mesmo as parellas máis felices, non resolverán nunca un 69% dos seus conflitos. A clave para a lonxevidade da relación non é se a parella pelexa ou non; senón como o fai. E despois como se reconcilian.

En 1994, Gottman e a súa esposa, Julie Schwartz Gottman, psicóloga clínica, crearon un método de terapia de parella baseada na evidencia. Desde entón publicaron máis de 40 traballos.

Viaxan por todo o mundo adestrando profesionais. Desenvolveron un taller de fin de semana para parellas, denominado: The Art and Science of Love, que se fixo inmensamente popular en USA.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

  • Descarga abaixo a ficha de inscrición.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

PROGRAMA

  1. Principios do Método Gottman de Terapia de Parella.
  2. Laboratorio do Amor
  3. Que é disfuncional nas relacións: Mitos
  4. Que é disfuncional nas relacións: Verdades cientificamente probadas.
  5. Os 4 Xinetes da Apocalipse.
  6. Tipoloxía de Parellas.
  7. A Casa da Relación Sólida.
  8. Avaliación.
  9. Intervención.

 

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2016-12-03_triptico.pdf)Triptico galegoTriptico galego2870 kB