A ATFM de Galicia organiza para o sábado15 de decembro de 2018 o seminario "Tribulacións dun terapeuta sistémico breve nos servizos sociais e outros contextos" co psicólogo e terapeuta familiar Jorge Campos na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Jorge Campos é licenciado en Psicoloxía pola Universidad de Salamanca e Máster de Formación de Terapeutas Sistémicos pola Universidad Pontificia de Salamanca.

Supervisor docente acreditado pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar (FEATF), é formador en diferentes programas de Terapia Familiar acreditados pola FEATF, Milenia (Badajoz), Avances (Castilla la Mancha) e Soluciones (Málaga). Formador en diferentes cursos de Intervención Sistémica da Asociación Extremeña de Terapia Familiar Sistémica (AETFS).

Profesor asociado da Universidad de Extremadura e psicólogo nun Centro de Día de Alzheimer así como o responsable da atención a Familiares en diferentes asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer.

 

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:30 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Outros: 60 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Ás 13:30 terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as que será convocada proximamente.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2018_12_15_triptico_GAL_(V4).pdf)2018_12_15_triptico_GAL_(V4).pdf 353 kB
Download this file (ficha_de_inscricion [GZ].pdf)ficha_de_inscricion [GZ].pdf 102 kB

O IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar celebrarase en Coimbra (Portugal) os días 25, 26 e 27 de outubro de 2018. Co título: “Amor en tempos de crise. Desafíos á parella, á familia e á sociedade”.

Nesta ocasión, tócalle a quenda á Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar, que nos acollerá na Universidade de Coimbra.

  • Lugar: Auditorio do Rectorado da Universidade de Coimbra.
  • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2018.
  • Máis información nesta web.

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 27 de xaneiro de 2018 o prácticum Técnicas activas e Xenograma  a cargo de Ana Caparrós e Conchi Caro,  presidenta e secretaria da Asociación de Terapeutas Familiares de la Región de Murcia.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h.

  • Destinatarios/as: Asociados/as e alumnos-socios/as da ATFM de Galicia e do resto de asociacións membro da FEATF.

  • Prezo: De balde.

  • Aforo: 40 prazas que se cubrirán por rigurosa orde de chegada das inscricións.

Para realizar a inscrición, envía a ficha escaneada (ou os datos que nela se solicitan) por correo electrónico a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

PROGRAMA

10:00 Explicación do formato de traballo e corporal.
11:00 Traballo creativo sobre xenograma.

12:30 Power Técnica activa: A Escultura.
13:00 Vivencial: Familia de Orixe.

16:30 Vivencial: Familia de Orixe e corporal.
18:30 Vídeo técnica activa: A mochila (Canevaro) e práctica
da mesma.

NOTA: Cada participante deberá traer un lapis, cores, esterilla, coxín ou manta e calcetíns gordos.

 

Certificaranse 7 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2018-01-27_[GZ]_tripticov2.pdf)Técnicas activas e xenograma 254 kB

 A ATFM de Galicia organiza para o sábado 24 de marzo de 2018 a xornada "As novas masculinidades como traballo introspectivo e instrumento transformador nos procesos de terapia familiar e de parella" co psicólogo social e terapeuta familiar e de parella Miquel Far na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Miquel Far é profesor na Universitat de les Illes Balears (UIB), membro do grupo de investigación sobre igualdade de xénero da UIB e presidente da Asociación Balear de Intervención Sistémica (ABIS). Seguindo este enlace podes ver a presentación da xornada.

Esta xornada pretende crear un espazo de reflexión, individual e grupal, para o conxunto de participantes que asistan a esta formación. O obxectivo central é transmitir e interiorizar a importancia de entender a relación existente entre os modelos de masculinidade dominantes na nosa sociedade, as relacións de poder entre xéneros, a disfuncionalidade relacional derivada desta distribución do poder, as condutas de risco asociadas á masculinidade hexemónica, a violencia ligada ao xénero masculino, o dano emocional e a nula xestión dos conflitos no mundo relacional.

A finalidade é que os/as profesionais integren os coñecementos e as estratexias que desenvolve a formación, para xerar unha visión persoal, profesional e relacional máis consciente e igualitaria, que preveña condutas futuras, derivadas da presión social do concepto dominante de masculinidade, xa non só na súa contorna laboral e na súa praxe diaria, senón tamén no seu propio mundo relacional.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €.
  • Profesionais dos CIMs e dos programas de Violencia de Xénero e Abramos o Círculo 60 €. Resto: 80 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2018_03_24_triptico_GAL.pdf)Triptico galego 474 kB

TERAPIA CENTRADA EN SOLUCIÓNS PARA NENOS, NENAS E ADOLESCENTES DO SÉCULO XXI

(En castellano, aquí)

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de setembro de 2017  a xornada "Estratexias en terapia centrada en solucións para os nenos, as nenas e os adolescentes do século XXI" co psiquiatra e psicoterapeuta finés Ben Furman na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Ben Furman é un psiquiatra de renome internacional, recoñecido prestixio e moi requirido como formador e supervisor no campo da terapia  centrada en solucións. 

É autor de máis de 20 libros, moitos dos cales foron traducidos a diferentes linguas. Entre os seus libros máis coñecidos destaca o seu bestseller “Nunca es tarde para  una infancia feliz” e os seus dous libros sobre habilidades dos nenos (Kid´s Skills),  en España coñecidos como “Yo soy Capaz” os cales se converteron nun método moi popular en Finlandia para axudar a nenos e nenas a superar todo tipo de dificultades emocionais e condutuais.

Ademais, baseado nos mesmos  principios de “Yo soy capaz”, Ben Furman desenvolveu un programa de adestramento de 5 sesións breves para pais,  coidadores  e profesorado titulado “Habilidades dos nenos para pais” (Kid´s skills for parents).  O obxectivo é ofrecerlles  unhas ferramentas útiles para facer fronte aos desafíos e dificultades na educación e crianza dos nenos.  O programa busca familiarizar aos pais con fillos de 3 anos en diante, incluíndo adolescentes, nos principios básicos da Terapia Centrada en Solucións e as súas aplicacións para pais. 

Para máis información sobre o traballo de Ben Furman pódese consultar a súa páxina www.benfurman.com ou a específica acerca do seu programa de intervención terapéutica www.kidsskills.org. Existe, tamén, unha aplicación deste programa para móbiles e tablets e un libro dixital “Kid´s Skills in Action” que se pode conseguir a través de Amazon.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2017_09_09_triptico_GAL.pdf)Tríptico 346 kB
Download this file (ficha_de_inscripción.png)Ficha inscrición 34 kB