A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza os X Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 1 de abril de 2017 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Nesta ocasión pretendemos que os X Encontros sexan un espazo para compartir experiencias e todo aquilo que desexes dar a coñecer aos demais asociados/as. Por iso, este ano o programa depende de vós, coa presentación de comunicacións. Se xa tes a túa, envíanola a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. (título, resumo e duración aproximada).
Lembra que para os/as asociados/as que estean ao corrente de pago os X Encontros son de balde. Tamén para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar. Para inscribirte, envía un correo electrónico coa ficha de inscrición.
Nestes X Encontros Galegos de Terapia Familiar buscamos "encontrarnos" e "reencontrarnos" con todos/as os/as asociados/as que acompañáchedes á ATFM durante estes 25 anos de existencia.
Tras a celebración das Asembleas de socios/as, celebraremos un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa que nos gustaría compartir con todos/as os asociados/as.
Ás 16:00 h terá lugar o acto de recoñecemento aos anteriores presidentes e aos socios/as fundadores/as da ATFM para continuar despois coa presentación de máis comunicacións.
- Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía
- Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida 15782 Santiago de Compostela
- Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 7 h de formación)
- Non socios/as: 60 € e estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €
Descarga abaixo o cartaz dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar e a ficha de inscrición
PROGRAMA:
- Conferencia: "ATFM: 25 anos de historia"
- Presentación de comunicacións libres.
- Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de socios/as.
- Xantar de celebración do 25 aniversario
- Acto de recoñecemento aos presidentes/as e aos fundadores/as da ATFM
- Presentación de comunicacións.