Traballando con patróns de autocoidado disfuncionais

ATFM de Galicia organiza para o sábado 22 de maio de 2021 o seminario "Traballando con patróns de autocoidado disfuncionais" coa psicóloga e terapeuta familiar Ana Cris Eiriz Castillo, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Ana Cris Eiriz FB

 Ana Cris é licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, ten habilitación sanitaria e está especializada en trastornos da personalidade e trauma.

Conta co certificado de EuroPsy de especialista en Psicoterapia acreditada pola EFPA (Federación Europea de asociacións de psicólogos/as). Experta en psicoterapia breve con formación en terapia sensoriomotriz.

Ademais, Ana Cris é consultora e clínica acreditada en EMDR pola Asociación EMDR Europa e EMDRIA (EMDR International Associaton).

Participa como terapeuta no Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres e Menores vítimas de violencia de Xénero e no Programa “Abramos o Círculo” de Atención Psicolóxica Especializada a Homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia, ambos programas pertencentes ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Desde 2004 traballa en INTRA-TP, Instituto de Investigación y Tratamiento del Trauma y los Trastornos de la Personalidad como terapeuta familiar.

 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

É habitual que os motivos polos que as persoas acoden a consulta estean relacionados con como están a afrontar aquilo que lles está ocorrendo no momento presente. Estes patróns de afrontamento terán moito que ver cos patróns de autocoidado que aprendesen ao longo da súa historia biográfica.

Identificar patróns disfuncionais será unha tarefa importante para poder axudarlles a recuperarse xa que é frecuente que nos momentos en que peor nos sentimos non nos demos o mellor trato posible.

 

DATOS DE INTERESE:
  • Plataforma Zoom
  • Horario: De 10:00 a 13:00 horas (hora española)
  • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o 18 de maio ou ata completar o aforo (90 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.

Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia. 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2021-05-22_Ana_Cris_ES_editable.pdf)2021-05-22_Ana_Cris_ES_editable.pdf 1139 kB
Download this file (2021-05-22_Ana_Cris_GZ_editable.pdf)2021-05-22_Ana_Cris_GZ_editable.pdf 1284 kB