A integración da saúde mental na atención primaria: un achegamento sistémico aos seus desafíos

ATFM de Galicia organiza para o sábado 10 de abril de 2021 o seminario "A integración da saúde mental na atención primaria: un achegamento sistémico aos seus desafíos" coa nosa asociada Chus Arrojo Romero, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Arrojo MariaChus Arrojo é psicóloga, terapeuta familiar e LMHC (Licensed Mental Health Counselor). Traballa en Massachusetts, en Estados Unidos, onde é a responsable dos Programas de Integración de Saúde Mental nos servizos de atención primaria nas clínicas pediátricas afiliadas ao Boston Children's Hospital desde 2018.

Conta cunha ampla experiencia clínica con familias multiculturais e de supervisión en ámbitos comunitarios, así como de coordinación e supervisión de equipos terapéuticos en contextos de integración da saúde mental en centros médicos e educativos.

 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

A incorporación dun modelo bio-psico-social da saúde na atención primaria supón desafíos de orde organizacional e profesional que poden ser abordados desde o pensamento sistémico. A perspectiva sistémica pode ser tamén útil para a comprensión do papel que as dinámicas relacionais e os determinantes sociais xogan na conduta das persoas con respecto á saúde e a enfermidade. Por último, o achegamento aos sistemas involucrados na posibilidade de vivir unha vida saudable pode nutrirse de perspectivas que abordan as políticas ao redor da saúde e a enfermidade baixo unha mirada sistémica e comprometida coa xustiza social.

Neste seminario presentaranse diferentes aspectos do desenvolvemento e implementación de programas de integración en atención primaria baixo estes parámetros descritos na introdución.

Esta presentación constará de tres partes didácticas teórico-experienciales, cada unha seguida dun debate reflexivo e como resultado os/as participantes poderán identificar:

  • As vantaxes, desafíos e posibilidades de adoptar un modelo integrador de saúde na atención primaria na súa contorna.
  • Intervencións sistémicas para abordar os devanditos desafíos a nivel organizacional e clínico.
  • Recursos e ferramentas sistémicas para a promoción da saúde de maneira equitativa nas súas poboacións.
DATOS DE INTERESE
  • Modalidade en liña na plataforma Zoom
  • Horario: De 16:00 a 19:00 horas
  • Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o 6 de abril ou ata completar o aforo (90 prazas).
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.

Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (20201-04-10_Chus_Arrojo GZ_editable.pdf)20201-04-10_Chus_Arrojo GZ_editable.pdf 713 kB
Download this file (20201-04-10_Chus_Arrojo_ES_editable.pdf)20201-04-10_Chus_Arrojo_ES_editable.pdf 691 kB