XL Congreso Nacional de Terapia Familiar

Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar -FEATF- organiza, xunto coa Asociación Canaria de Terapia Familiar, o XL Congreso Nacional de Terapia Familiar en Tenerife os días 21, 22 e 23 de outubro de 202 no Aulario Campus de Guajara.

Congreso FEATF 2021 NUEVO

O tema do congreso é "Explorando os límites da terapia familiar", unha invitación a explorar os límites actuais da terapia familiar, considerando os límites nas súas distintas acepcións. Queremos atrevernos a preguntar, como faremos na mesa de debate do venres 22, que é e que non é terapia sistémica. Pero, sobre todo, queremos abordar os límites como fronteira, asomarnos aos bordos no traballo sistémico: o traballo en contextos de crise (novos contextos de traballo), modelos de traballo que naceron da terapia familiar sistémica e que percorreron o seu propio camiño, e tamén aquelas experiencias de traballo que sumaron outras fontes e, xuntas, serven mellor (límites epistemolóxicos).

Consulta a web do Congreso en https://congresocanarias2020.actf.es onde poderás ver o programa e tamén facer a inscrición.

Participa enviando antes do 15 de setembro as túas propostas de pósteres, comunicacións e/ou obradoiros.