Asemblea Xeral de socios/as 2020

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 14 de decembro ás 13:00 h en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1º Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2º Informe do presidente.

3º Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios 2019 e 2020, e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2021.

4º Informe da secretaria.

5º Informe das XXXIX Jornadas de Terapia Familiar celebradas en Santiago de Compostela.

6º Propostas e suxestións.

Por motivos sanitarios, a Asemblea celebrarase a través da plataforma Zoom, debendo inscribirse previamente enviando un correo a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

 

A continuación celebrarase a Asemblea Extraordinaria de socios/as co único punto da orde do día:

1º Proclamación da candidatura presentada á Xunta Directiva da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.