Terapia de parella desde o modelo focalizado en emocións

ATFM de Galicia organiza para o sábado 12 de decembro de 2020 o seminario "Terapia de parella desde o modelo focalizado en emocións (EFT)" co psicólogo clínico Jorge J. Gil Tadeo, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.

Jorge Gil recorte22Jorge Gil é terapeuta familiar e supervisor docente acreditado pola FEATF, presidente da Asociación Canaria de Terapia Familiar desde 2010 e foi secretario da FEATF entre 2015 e 2019.

Formado en toxicomanías tanto en Italia como en España, complementa a súa formación como terapeuta Biogestaltista. Con ampla experiencia en drogodependencias, desenvolveu a súa actividade profesional entre 1989 e 2003 como director-coordinador do Centro de Drogodependencias do PROYECTO HOMBRE en Canarias.

Desde 2003 traballa en consulta privada, nos últimos anos especializándose en terapia de parellas, á vez que impartiu formación en España e no estranxeiro.

Na actualidade é o director do Instituto Atlántico de Terapia Familiar en San Cristóbal de La Laguna.

 

PRESENTACIÓN DO SEMINARIO

Durante o transcurso do seminario asomaremos os narices na abordaxe da terapia de parella desde o modelo da EFT (Emotionally Focused Couples Therapy). Presentaranse as bases do traballo con parellas desde o modelo focalizado en emocións e desenvolveranse algunhas das ferramentas que nos serán de utilidade para a nosa práctica profesional.

Todo isto tendo en conta que estamos nun marco virtual que nos condiciona e limita.

 
DATOS DE INTERESE:
  • Plataforma Zoom
  • Horario: De 10:15 a 13:15 horas
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COPG 15 €. Outros profesionais: 20 €.
  • Prazo: Ata o 9 de decembro ou ata completar o aforo.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Ficha de inscrición editable en documento adxunto.

Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2020-12-12_formulario_es_editable.pdf)2020-12-12_formulario_es_editable.pdf 813 kB
Download this file (2020-12-12_formulario_gz_editable.pdf)2020-12-12_formulario_gz_editable.pdf 814 kB