A ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de outubro de 2020 o seminario "O pensamento centrado en solucións na acción: Ideas útiles para a intervención" co psicólogo Toni Medina, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.
Toni Medina é licenciado en Psicoloxía pola Universidad de La Laguna e Máster en Intervención Familiar. Desenvolve o seu labor profesional nos Servizos Sociais Municipais de San Cristóbal de la Laguna, traballando con menores e as súas familias.
Formouse con Mark Beyebach no enfoque centrado en solucións acreditando a súa formación pola IASTI (International Alliance of Solution-Focused Teaching Institutes).
Publicou diversos artigos e colaborou como coautor en publicacións relacionadas coa aplicación do enfoque, ademais de impartir formación para grupos, en universidades, entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais, especialmente no ámbito da protección de menores, xustiza xuvenil e atención social.
OBXECTIVOS DO SEMINARIO
Achegar aos e ás participantes ao pensamento centrado en solucións.
Descubrir como se poden relacionar estas ideas coa práctica da intervención dunha forma útil.

- Plataforma Zoom
- Horario: De 10:00 a 13:00 horas
- Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COPG 15 €. Outros profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o 12 de outubro ou ata completar o aforo.
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
- Ficha de inscrición en documento adxunto.
Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.