A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os IX Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 20 de febreiro de 2016 e que se centrarán nas violencias desde a perspectiva da Terapia Familiar.
Nestes IX Encontros Galegos de Terapia Familiar terán cabida relatores/as convidados pola Asociación. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.
- Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía
- Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida 15782 Santiago de Compostela
- Hora: De 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 8 h de formación)
Estes IX Encontros serán de balde para os asociados e as asociadas da ATFM de Galicia, tal e como se acordara no anterior Encontro. Tamén serán de balde para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar.
Non socios/as: 60 €
Estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €
Tríptico dos IX Encontros Galegos de Terapia Familiar: descárgao aquí.
PROGRAMA:
- "Terapia familiar nos Centros de Información ás Mulleres: da asistencia á terapia" a cargo de Liliana Barral Caneda, Beatriz Monroy Cardoso e José Manuel Valdivia Moreno.
- "Aproximación ao traballo con maltratadores: Buscando diferenzas ou regularidades?" por Manuel Lopo Lago.
- "Loitando polo poder" a cargo de Fernando de la Cueva López-Chaves.
- Presentación de comunicacións libres.