A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os VI Encontros Galegos de Terapia Familiar co título Cambiando cara o futuro: Familias e Fillos, que terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 4 de xuño de 2011.
Nestes VI Encontros Galegos de Terapia Familiar presentaranse ferramentas, técnicas e procedementos, dende diferentes contextos de intervención, eficaces para o aprofeitamento dos propios recursos das familias a fin de afrontar os conflitos que poidan xurdir cos seus fillos durante a infancia e a adolescencia.
-
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Alexandre Bóveda s/n (Conta con aparcamento propio)
-
Hora: De 9.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (Acreditaranse 8 h de formación)
-
Tríptico:VI Encontros de Terapia Familiar: Cambiando cara o futuro: familias e fillos
PIE DE FOTO: Momento da inauguración dos VI Encontros Galegos de Terapia Familiar "Cambiando cara o futuro" por Dª Carmen Bianchi Valcarce, Xefa Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo xunto co Presidente da Asociación D. Antonio Olives Alonso.