A ATFM de Galicia organiza para o sábado 14 de maio de 2016 a xornada "Repensando a Psiquiatría: historia, ciencia e os efectos a longo prazo da medicación psiquiátrica" co xornalista e investigador norteamericano Robert Whitaker na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.
Robert Whitaker lidera no seu país o movemento crítico contra a psiquiatría biomédica. Cuestiona en particular a expansión das enfermidades mentais e o papel que desempeñou a prescrición desaforada de psicofármacos promovida desde a psiquiatría oficial académica.
Recibiu diversos premios e recoñecementos na súa carreira profesional polo seu labor como xornalista sobre temas médicos relacionados cos trastornos mentais e a industria farmacéutica, entre eles, finalista do premio Pulitzer en 1998 por unha serie de artigos que co-escribiu para o Boston Globe sobre os abusos da experimentación en pacientes psiquiátricos. A súa obra Anatomy of an Epidemic foi declarada pola Investigative Reporters and Editors norteamericana como o mellor traballo de xornalismo de investigación de 2010. Acaba de ser publicada en España como "Anatomía de una Epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales".
O seu traballo tivo eco a nivel internacional e requíreselle en moitas partes do globo para que realice conferencias explicando os seus descubrimentos. A comunidade de pacientes psiquiátricos recibiu os seus traballos con gran entusiasmo e ansiado alivio.
Robert Whitaker é o responsable da web www.madinamerica.com onde recolle textos moi interesantes sobre estes asuntos (en inglés).
- Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
- Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
- Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
- Descarga o tríptico e ficha de inscrición aquí.
Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.