O Programa de Atención a Familias con problemas cos seus fillos desenvolveuse dende o ano 2005 cando se asinou un convenio de colaboración entre a Presidenta da ATFM, Pilar Bermejo González, e a Secretaría Xeral do Benestar dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
O usuarios eran derivados ao Programa a través dos Servizos de atención ao Menor e Gabinetes de Orientación Familiar que estaban nas delegacións territoriais da Secretaría Xeral de Política Social.
O/a Coordinador/a do Programa avalíaba a demanda e se entraba dentro das competencias de actuación do Programa, poñíase en contacto co terapeuta de familia máis próximo á residencia do usuario.
Este convenio foise renovando anualmente ata que a finais de 2010 a Xunta de Galicia propuxo cambiar o convenio por un contrato pechado. En novembro de 2011 comunicaron á Coordinadora e ao Presidente da Asociación a rescisión do mesmo para o seguinte ano.
Este Programa contou con máis de 34 terapeutas familiares acreditados en candanseu gabinete privado das principais cidades e vilas de Galicia. O primeiro coordinador do Programa foi Manuel A. Juncal Gil e os dous últimos anos, Mª Luz Losada Somoza.
SALA de PRENSA: Noticias relacionadas
- Diario de Pontevedra: Entrevista á Coordinadora do "Programa de Atención a Familias con problemas cos seus fillos" (27/01/2012)
- El País: "Suprimido un programa de atención a menores conflictivos " (24/02/2012)