Xornadas - atfmgalicia.gal

  • As novas Masculinidades como instrumento transformador nos procesos de Terapia Familiar e de parella

     A ATFM de Galicia organiza para o sábado 24 de marzo de 2018 a xornada "As novas masculinidades como traballo introspectivo e instrumento transformador nos procesos de terapia familiar e de parella" co psicólogo social e terapeuta familiar e de parella Miquel Far na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

    Miquel Far é profesor na Universitat de les Illes Balears (UIB), membro do grupo de investigación sobre igualdade de xénero da UIB e presidente da Asociación Balear de Intervención Sistémica (ABIS). Seguindo este enlacepodes ver a presentación da xornada.

    Esta xornada pretende crear un espazo de reflexión, individual e grupal, para o conxunto de participantes que asistan a esta formación. O obxectivo central é transmitir e interiorizar a importancia de entender a relación existente entre os modelos de masculinidade dominantes na nosa sociedade, as relacións de poder entre xéneros, a disfuncionalidade relacional derivada desta distribución do poder, as condutas de risco asociadas á masculinidade hexemónica, a violencia ligada ao xénero masculino, o dano emocional e a nula xestión dos conflitos no mundo relacional.

    A finalidade é que os/as profesionais integren os coñecementos e as estratexias que desenvolve a formación, para xerar unha visión persoal, profesional e relacional máis consciente e igualitaria, que preveña condutas futuras, derivadas da presión social do concepto dominante de masculinidade, xa non só na súa contorna laboral e na súa praxe diaria, senón tamén no seu propio mundo relacional.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €.
    • Profesionais dos CIMs e dos programas de Violencia de Xénero e Abramos o Círculo 60 €. Resto: 80 €.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
    • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

  • Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de maio a Xornada: "Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas". Unha integración desde a Terapia Narrativae a Terapia Sistémica Breve.

    O relator é o psicólogo e terapeuta familiar Chema Rodríguez de Castro, profesor asociado en Traballo Social na Universidade de Illes Balears.

    • Lugar: Sala de Conferencias do Colexio La Salle en Santiago de Compostela. Praza de San Xoán Bautista de La Salle, 1
    • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí

    PROGRAMA

    • A metáfora narrativa. O que contan as persoas sobre si mesmas e as súas relacións.
    • Construíndo problemas e solucións. Conversacións para externalizar problemas e internalizar recursos en parellas.
    • Ideas, estratexias e técnicas para traballar con parellas.
    • Mediación terapéutica en exparellas en conflito?
    • Sexualidade e terapia. Novas posibilidades.
  • Ferramentas sexolóxicas básicas para a terapia

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 17 de xuño de 2017 a xornada Ferramentas sexolóxicas básicas para a Terapia a cargo de Penélope Alonso Vázquez, licenciada en psicoloxía pola USC, especialista en Sexoloxía no Incisex (universidade de Alcalá), trainning en Sexoloxía clínica en Biko Arloak (Bilbao), con consulta privada de sexoloxía desde 2005, secretaria da xunta directiva da Asociación Estatal de Profesionales de la Sexología (AEPS) e presidenta da Asociación Sexus. 

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga abaixo a ficha de inscrición

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

    PROGRAMA

    • Introdución ás nocións básicas da Sexoloxía Sustantiva.
    • Conceptos centrais da Episteme Sexolóxica.
    • A parella como eixo central da Terapia, modelo de atención baseado na Teoría de Parella.
    • Abordaxe das dificultades eróticas máis comúns desde a perspectiva sexolóxica.
    • Unha aproximación ás realidades das identidades sexuais e orientacións do desexo.
    • Sexoloxía Clínica. Discusión de casos.
  • Xornada "Modelo Circè: cambio sistémico estratéxico con individuos e familias

    A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o día  31 de marzo a xornada formativa «Modelo Circè: cambio sistémico estratéxico con individuos e familias». Será impartido por Teresa García-Rivera e Dallas Dembiermont.

    Programa:

    Introdución ao modelo Circè, evolución do modelo e influenzas doutros modelos sistémicos: terapia breve evolucionada (Nardone), terapia centrada en solucións, terapia narrativa e terapia colaborativa. Achegas dos modelos de terceira xeración: EMDR, Mindfullness,...

    • Lugar: Auditorio do Centro Social de Padrón sito no Campo do Souto 2 (Padrón). Conta con aparcamento propio.
    • Hora: De 10 a 14:00h e de 16:00 a 20:30 h (Acreditaranse oito horas de formación)
    • Tríptico: XORNADA Modelo Circè
    • Cartel: Cartel Xornada Modelo Circè
  • Xornada "Repensando a psiquiatría: os efectos a longo prazo da medicación psiquiátrica"

     A ATFM de Galicia organiza para o sábado 14 de maio de 2016 a xornada "Repensando a Psiquiatría: historia, ciencia e os efectos a longo prazo da medicación psiquiátrica" co xornalista e investigador norteamericano Robert Whitaker na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

    Robert Whitaker lidera no seu país o movemento crítico contra a psiquiatría biomédica. Cuestiona en particular a expansión das enfermidades mentais e o papel que desempeñou a prescrición desaforada de psicofármacos promovida desde a psiquiatría oficial académica. 

    Recibiu diversos premios e recoñecementos na súa carreira profesional polo seu labor como xornalista sobre temas médicos relacionados cos trastornos mentais e a industria farmacéutica, entre eles, finalista do premio Pulitzer en 1998 por unha serie de artigos que co-escribiu para o Boston Globe sobre os abusos da experimentación en pacientes psiquiátricos. A súa obra Anatomy of an Epidemic foi declarada pola Investigative Reporters and Editors norteamericana como o mellor traballo de xornalismo de investigación de 2010. Acaba de ser publicada en España como "Anatomía de una Epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales".

    O seu traballo tivo eco a nivel internacional e requíreselle en moitas partes do globo para que realice conferencias explicando os seus descubrimentos. A comunidade de pacientes psiquiátricos recibiu os seus traballos con gran entusiasmo e ansiado alivio.

    Robert Whitaker é o responsable da web www.madinamerica.com onde recolle textos moi interesantes sobre estes asuntos (en inglés).

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
    • Descarga o tríptico e ficha de inscrición aquí.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

  • Xornada con Ben Furman

    TERAPIA CENTRADA EN SOLUCIÓNS PARA NENOS, NENAS E ADOLESCENTES DO SÉCULO XXI

    (En castellano, aquí)

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de setembro de 2017  a xornada "Estratexias en terapia centrada en solucións para os nenos, as nenas e os adolescentes do século XXI" co psiquiatra e psicoterapeuta finés Ben Furman na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

    Ben Furman é un psiquiatra de renome internacional, recoñecido prestixio e moi requirido como formador e supervisor no campo da terapia  centrada en solucións. 

    É autor de máis de 20 libros, moitos dos cales foron traducidos a diferentes linguas. Entre os seus libros máis coñecidos destaca o seu bestseller “Nunca es tarde para  una infancia feliz” e os seus dous libros sobre habilidades dos nenos (Kid´s Skills),  en España coñecidos como “Yo soy Capaz” os cales se converteron nun método moi popular en Finlandia para axudar a nenos e nenas a superar todo tipo de dificultades emocionais e condutuais.

    Ademais, baseado nos mesmos  principios de “Yo soy capaz”, Ben Furman desenvolveu un programa de adestramento de 5 sesións breves para pais,  coidadores  e profesorado titulado “Habilidades dos nenos para pais” (Kid´s skills for parents).  O obxectivo é ofrecerlles  unhas ferramentas útiles para facer fronte aos desafíos e dificultades na educación e crianza dos nenos.  O programa busca familiarizar aos pais con fillos de 3 anos en diante, incluíndo adolescentes, nos principios básicos da Terapia Centrada en Solucións e as súas aplicacións para pais. 

    Para máis información sobre o traballo de Ben Furman pódese consultar a súa páxina www.benfurman.com ou a específica acerca do seu programa de intervención terapéutica www.kidsskills.org. Existe, tamén, unha aplicación deste programa para móbiles e tablets e un libro dixital “Kid´s Skills in Action” que se pode conseguir a través de Amazon.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
    • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
    • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

    Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

     

  • Xornada sobre TDAH: Invención, moda ou realidade?

    A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o sábado 4 de outubro unha Xornada sobre o TDAH: Invención, moda ou realidade?

    Entre todas as categorías recollidas nos manuais diagnósticos relativos á saúde mental, o TDAH atópase entre os que máis polémica xerou, encontrando discursos opostos no relativo á idoneidade do diagnóstico, na súa etioloxía e no seu tratamento. Desde os que consideran que é unha mera etiqueta que describe comportamentos normais na infancia, ata os que afirman que se trata dun trastorno do neurodesenvolvemento con consecuecias incapacitantes. Desde os que afirman que a medicación é, en moitos casos, imprescindible ata os que opinan que supón un tratamento de dubidosa efectividade. Desde os que opinan que o TDAH se está a sobrediagnosticar, ata os que pensan que está infratratado.

    Desde a ATFM de Galicia consideramos que tendo presente este panorama, sería moi interesante aparcar/abandonar os nosos prexuízos e escoitar os argumentos de expertos con opinións encontradas para poder aproximarnos ao debate dun xeito crítico e reformular a nosa postura sobre o TDAH desde unha base sólida.

    Para favorecer o debate contaremos coa presenza deMarino Pérez Álvarez, catedrático de Psicoloxía da Universidade de Oviedo e coautor de "Volviendo a la normalidad. La invención del TDAH y del trastorno bipolar infantil" e de José Luis Fernández Sastre, psiquiatra consultor de TDAH e terapeuta familiar. Dado que este tema xenera moita polémica, ao remate de ámbalas dúas conferencias, abrirase a mesa de debate entre os ponentes e o público asistente á Xornada que queira participar.

    • Destinatarios/as: Terapeutas familiares, psicólogos/as, psiquiatras, profesores/as, mestres, orientadores/as...
    • Lugar: Centro Cultural Afundación, Rúa do Vilar 19  -  Santiago de Compostela
    • Horario: De 10.00 a 14.00 h (acreditaranse 4 horas de formación)
    • Prezo: 20 € socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as. Resto: 40 €.
    • Aforo limitado a 100 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.
    PROGRAMA
    • "TDAH: Etiqueta clínica para problemas normais" por Marino Pérez Álvarez.
    • "Hai que medicar aos nómades para que se asenten nun territorio?" por José Luis Fernández Sastre.
    • Mesa de debate entre Marino Pérez, José Luis Fernández e o público asistente.
  • Xornadas "Máis que milagres" con Harry Korman

    A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para os días 14 e 15 de xuño asXornadas formativas "Máis que milagres" co doutor Harry Korman, médico especializado en psiquiatría infantoxuvenil e que traballa en Mälmo (Suecia) dende o modelo de Terapia centrada en Soluciónscon familias, parellas, adultos e nenos.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía. Santiago de Compostela. Contaremos con traducción simultánea.

    • Horario: Venres e sábado de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 16 horas de formación)

    • Prezo: Socios/as, esudantes universitarios/as e desempregados 95 €. Resto: 160 €.

    • Descarga a ficha de inscrición dende aquí.

    Durante estas xornadas, o doutor Korman abordará en profundidade, dunha forma práctica e activa, o traballo dende a Terapia Centrada en Solucións e a aplicación dos coñecementos adquiridos nas súas investigacións no traballo terapéutico.

  • XXXIV Jornadas Nacionales de Terapia Familiar

    A Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar organiza, xunto coa Associació Balear d´Intervenció Sistèmica, as XXXIV Jornadas Nacionales de Terapia Familiar.

    Palma de Mallorca, 31 de outubro, 1 e 2 de novembro de 2013

    Pincha aquí para ver o programa.

    Inscricións na web da Associació Balear

  • XXXVII Jornadas Nacionales de Terapia Familiar

    As XXXVII Jornadas Nacionales de Terapia Familiar celebraranse en Zaragoza os días 27, 28 e 29 de outubro de 2016.