Obradoiros - atfmgalicia.gal

  • Obradoiro Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 7 de febreiro de 2015 o Obradoiro "Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica"  que tratará sobre o traballo dos psicólogos e psicólogas especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes.

    A  psicóloga e terapeuta familiar Ana Isabel Martínez Arranz é a Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con ela,  abordaremos os aspectos técnicos que servirán para situarnos no marco de actuación neste tipo de intervención e o papel que desempeñan os psicólogos nelas. Asemade, traballarase en grupo sobre casos reais e a exposición posterior servirá para clarificar as partes da intervención e as dúbidas xurdidas.

    • Lugar: Local da ATFM en Picaraña - Padrón
    • Horario: De 9:30 a 13:30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
    • Prezo: 10€ para socios/as, desempregados e estudantes universitarios. Non socios/as: 25€.
    • Aforo limitado a 50 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
    • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.

    OBXECTIVOS

    • Coñecer o marco e os principios de actuación que rexen a intervención psicolóxica en situacións críticas.
    • Abordar o papel, as funcións e tarefas que ten o psicólogo/a neste ámbito de actuación.
    • Adquirir habilidades básicas para a intervención nestas situacións.
    • Reflexionar sobre as achegas da terapia familiar á intervención como psicólogos/as de emerxencias.

    PROGRAMA

    • Intervención psicolóxica en emerxencias: obxectivos, funcións, situacións de intervención, principios de actuación, papel do psicólogo/a, a visión desde a sistémica.
    • Primeiros Auxilios Psicolóxicos.
    • Resolución de casos prácticos.
  • Obradoiro Unha ollada apreciativa na intervención comunitaria

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 22 de febreiro de 2014 o Obradoiro "Unha ollada apreciativa na intervención comunitaria"  coas psicólogas Carolina Martín Vázquez  e  Dácil J. Baute Hidalgo,  dende o modelo de Intervención Sistémica Breve.

    Neste obradoiro teremos unha conversa entre todos os participantes, na que poderemos experimentar e reflexionar sobre metodoloxías de traballo grupais, especialmente, a Indagación Apreciativa nos contextos comunitarios e educativos.

    • Lugar: Sede da Asociación na Picaraña (Padrón)

    • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)

    • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

    • Descarga a ficha de inscrición dende aquí.

    OBXECTIVOS

    • Coñecer a Indagación Apreciativa como unha filosofía-metodoloxía que favorece o traballo grupal.
    • Adquirir recursos e habilidades que favorezan a posta en marcha da Indagación Apreciativa e fomenten a cohesión grupal e o deseño e desenvolvemento de proxectos comunitarios.
    • Coñecer contextos e proxectos comunitarios e educativos onde se aplica esta metodoloxía.

    CONTIDOS
     

    • Contextualización dos proxectos: “Xuntos na mesma dirección” (promovido dende a Área de Acción Exterior do Cabildo de Tenerife coa colaboración do Observatprop da Inmigración de Tenerife OBITen) e “Barrios polo Emprego” (xestionado pola Fundación Xeral da Universidade de La Laguna co financiamento do Servizo Canario de Emprego, o Cabildo Insular de Tenerife e o Concello de San Cristóbal de La Laguna.).
    • Unha experiencia de indagación apreciativa na escola.
    • Principios filosóficos, ferramentas e fases da indagación apreciativa. 
    • Resultados da experiencia nos proxectos.
    • Avaliación do obradoiro

    METODOLOXÍA

    O habitual cando se prepara calquera curso ou obradoiro de calquera tema é plantexarse uns obxectivos, uns contidos, unha metodoloxía... Así foi como organizamos nun primeiro intre, este obradoiro sobre a Indagación Apreciativa, aplicada ao traballo comunitario, e así é como está expresado no programa do mesmo. Non obstante, seguindo os propios principios deste modelo, pensamos en aplicar outra metodoloxía diferente, na que os propios participantes poidan decidir os obxectivos e os contidos do obradoiro, partindo das súas propias experiencias e favorecendo unha aprendizaxe significativa, vivencial e colaborativa. Deste xeito, os participantes viviran en primeira persoa o contido obxecto deste obradoiro, para despois facer unha meta-análise do experimentado, ver algúns exemplos de experiencias nas que se utilizou esta metodoloxía en contextos comunitarios e educativos e, a partires de extraer as claves para aplicar este proceso á realidade profesional de cada un/ha.

    A metodoloxía utilizada para este obradoiro será, por tanto, a do modelo de Indagación Apreciativa. Este modelo ten moitísimas cousas en común co Modelo sistémico Breve, e tamén algunhas diferenzas. Máis concretamente podemos dicir que a Indagación Apreciativa (IA) e, en primeiro lugar, unha filosofía actitude ou forma de entender as relacións humanas e as relacións grupais e, en segundo lugar, esta actitude ou metodoloxía transformase nunha metodoloxía que está ao servizo dos grupos e organizacións para axudar a provocar cambios constantes e transformación con miras a que estas acaden o máximo do seu potencial, logren os seus obxectivos e acaden as súas metas, ao tempo que as persoas se sintan máis satisfeitas e realizadas. 

    Esta filosofía e metodoloxía pode utilizarse, por tanto, no contexto de calquera organización ou grupo de persoas que están traballando xuntas para lograr obxectivos comúns: empresas privadas (grandes ou pequenas), asociacións públicas, escolas e universidades, concellos, entidades oficiais, hospitais, organizacións comunitarias e de servizos sociais, grupos formais, grupos informais... É aplicable tanto a macro proxectos, onde estean involucradas moitas entidades sociais, como a micro proxectos, onde participan un grupo de persoas. 

    Un grupo de traballo, un obradoiro, un curso, ou calquera acción de ensinanza - aprendizaxe pode entenderse tamén como un espazo onde un grupo de persoas teñen un obxectivo común: aprender daquelo sobre o que trata o curso ou obradoiro. É por isto polo que temos elixido a IA como metodoloxía para a realización deste obradoiro.
     

  • Técnicas activas e Xenograma

    A ATFM de Galicia organiza para o sábado 27 de xaneiro de 2018 o prácticum Técnicas activas e Xenograma a cargo de Ana Caparróse Conchi Caro,  presidenta e secretaria da Asociación de Terapeutas Familiares de la Región de Murcia.

    • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
    • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h.

    • Destinatarios/as: Asociados/as e alumnos-socios/as da ATFM de Galicia e do resto de asociacións membro da FEATF.

    • Prezo: De balde.

    • Aforo: 40 prazas que se cubrirán por rigurosa orde de chegada das inscricións.

    Para realizar a inscrición, envía a ficha escaneada (ou os datos que nela se solicitan) por correo electrónico a: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

     

    PROGRAMA

    10:00 Explicación do formato de traballo e corporal.
    11:00 Traballo creativo sobre xenograma.

    12:30 Power Técnica activa: A Escultura.
    13:00 Vivencial: Familia de Orixe.

    16:30 Vivencial: Familia de Orixe e corporal.
    18:30 Vídeo técnica activa: A mochila (Canevaro) e práctica
    da mesma.

    NOTA: Cada participante deberá traer un lapis, cores, esterilla, coxín ou manta e calcetíns gordos.

     

    Certificaranse 7 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.