FEATF - atfmgalicia.gal

  • Formación online: Intervención breve en situaciones de crisis

    Ante a situación extraordinaria provocada pola crise do COVID-19, desde a FEATF puxeronse en marcha 3 edicións en liña da formación sobre intervención en situacións de crise desde o enfoque sistémico, impartidas polo profesor José Navarro Góngora.

    As formacións tiveron lugar os días 9, 13 e 23 de abril de 2020, durante o tempo de confinamento.

    Prezos Socios/ as FEATF: 5 €

    Non socios/ as FEATF: 20 €

     

     

  • I Encuentro EntreAsociaciones Segovia 2020

    A proposta deste I Encontro EntreAsociaciones consiste en reunir nun só evento aos/as socios/as colaboradores/as do Proxecto e organizar unhas Xornadas formativas con talleres o venres pola tarde e o sábado pola mañá. De maneira que os demais socios e socias de todas as Asociacións membro acudan, neste caso a Segovia, a gozar dunha Xornada formativa na que intercambiaremos experiencias e coñecementos nun ambiente relaxado e distendido co fin de promover e potenciar o intercambio entre Asociacións, que é o obxectivo deste Proxecto.

    Esta actividade está recoñecida con 8 horas de Formación Continua pola FEATF.

    Prezos Socios/ as FEATF: 40€

    Non socios/ as FEATF: 80€

     

     

  • III Congreso Ibérico de Terapia Familiar

    A Asociación Extremeña de Terapia Familiar Sistémica – AETFS– xunto coa Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar – FEATF – e a Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar – SPTF –  organizan o III Congreso Ibérico de Terapia Familiar "Familias en crisis, terapeutas en cambio" que terá lugar do 29 ao 31 de outubro en Cáceres.

    • Lugar: Institución Cultural El Brocense Ronda de San Francisco s/n 10002 Cáceres
    • Datas: 29, 30 e 31 de outubro de 2015.
    • Prezos reducidos ata o 30 de setembro.
    • Máis información nesta web.
  • IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar

    O IV Congreso Ibérico de Terapia Familiar celebrarase en Coimbra (Portugal) os días 25, 26 e 27 de outubro de 2018. Co título: “Amor en tempos de crise. Desafíos á parella, á familia e á sociedade”.

    Nesta ocasión, tócalle a quenda á Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar, que nos acollerá na Universidade de Coimbra.

    • Lugar: Auditorio do Rectorado da Universidade de Coimbra.
    • Datas: 25, 26 e 27 de outubro de 2018.
    • Máis información nesta web.
  • Retos en la Regulación de la Psicoterapia

    Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar -FEATF- organiza só para asociados/as a actividade formativa Retos en la regulación de la Psicoterapia o sábado 24 de outubro de 2020 a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom. Esta actividade é de balde.

    O programa será o seguinte:

    • 10:00-11:30: Regulando la psicoterapia, con Paz Herrera e Teresa Moratalla.
    • 12:00-13:30: Ser o No ser Psicoterapeuta:
      -La identidad profesional del psicoterapeuta con Guillem Feixas.
      -Habilidades y formación del psicoterapeuta con Alberto Rodríguez.
    • 17:00: Asemblea de socios/as FEATF

    Máis información e inscricións na web da FEATF

  • XXXII Congreso de Terapia Familiar

    A Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar organiza, xunto coa Asociación Vasco-Navarra de Terapia Familiar, o XXXII Congreso Nacional de Terapia Familiar "Adolescencia y Terapia Familiar".

    • Lugar: Bilbao
    • Datas: Do 27 ao 29 de outubro de 2011
  • XXXIV Jornadas Nacionales de Terapia Familiar

    A Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar organiza, xunto coa Associació Balear d´Intervenció Sistèmica, as XXXIV Jornadas Nacionales de Terapia Familiar.

    Palma de Mallorca, 31 de outubro, 1 e 2 de novembro de 2013

    Pincha aquí para ver o programa.

    Inscricións na web da Associació Balear

  • XXXIX Jornadas Nacionales de Terapia Familiar

    Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar -FEATF- organiza, xunto coa ATFM de Galicia, as XXXIX Jornadas Nacionales de Terapia Familiar en Santiago de Compostela os días 8 e 9 de novembro de 2019 na Facultade de Psicoloxía, Campus Vida.

    Abordaremos o tema "Cruce de Camiños: Osfactores comúns na terapia familiar", a fin de reflexionar e abrir debate sobre como os distintos modelos de terapia entrecruzan os seus camiños na procura do cambio.

    Programa Jornadas CAS recorte

    Consulta a web das Jornadas Nacionales en https://jntf2019.es onde poderás ver o programa tan interesante que temos preparado  e tamén facer a inscrición.

    Animámoste a participar enviándonos antes do 1 de setembro as túas propostas de pósteres, comunicacións e/ou obradoiros.

    Lembra que podes seguir todas as novidades a través de FacebookTwitter.

     

  • XXXV Congreso Nacional de Terapia Familiar

    O XXXV Congreso nacional de Terapia Familiar celebrarase en Sevilla os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro de 2014.

    Estará dedicado ás TÉCNICAS ACTIVAS EN TERAPIA FAMILIAR, recursos de relevancia no noso exercicio profesional e nos que se pon en xogo a linguaxe do corpo e/ou elementos metafóricos, plásticos ou creativos.

    Pódense presentar propostas de comunicacións, obradoiros e posters mediante a web do Congreso ata o día 10 de setembro. 

    Asemade, o venres 31 pola tarde terá lugar a Asemblea Xeral de Socios/as da FEATF da que recibiredes convocatoria.

    Para máis información visita a web do Congreso aquí.

  • XXXVII Jornadas Nacionales de Terapia Familiar

    As XXXVII Jornadas Nacionales de Terapia Familiar celebraranse en Zaragoza os días 27, 28 e 29 de outubro de 2016.

  • XXXVIII Congreso Nacional de Terapia Familiar de la FEATF

    O XXXVIII Congreso Nacional de Terapia Familiar da FEATF celebrarase en Cartagena os días 26, 27 e 28 de outubro no Auditorio y Palacio de Congresos El Batel. O tema deste Congreso será "Tratamientos actuales en Terapia Familiar. Conversaciones Singulares en Clave Sistémica".

    A idea é ser un punto de encontro científico e didáctico sobre Terapia Familiar, para relacionarnos e contactar, para crear novos proxectos e seguir namorándonos da nosa profesión.
    Para conseguilo dividimos o congreso en 6 plenarias, 4 mesas redondas, 14 talleres, comunicacións e pósteres.
    As plenarias, con 6 temáticas diferentes, serán nesta ocasión de dous oradores/as que nos expoñerán como traballan, que lles funciona e que non. Conversarán, contestarán as túas preguntas e deixaranche a mochila chea de bos tratamentos.
    As mesas redondas versan todas sobre violencia, temática que nos preocupa especialmente. Cada mesa estará composta por catro oradores/as experimentados/as que traballan en temas de violencia e ensinan a vencela. Teremos unha mesa de violencia na parella, outra de violencia filio-parental, outra de violencia cara á infancia e por último una de violencia nas aulas.
    Tanto plenarias como mesas redondas contarán cun/ha entrevistador/a que con anterioridade poderán recibir as túas preguntas.
    Os 14 talleres están por decidir e dependen das propostas que nos cheguen. O noso comité científico dará luz verde a aqueles que versen sobre Tratamentos Actuais en Terapia Familiar e de seguro que lles será complicado pois a calidade dos talleres que se presentan adoita ser alta.
    Eliximos os faros porque nos representan como terapeutas familiares e xa sexa sós ou de dous en dous, guiamos ás familias para entrar sas e salvas no porto.

    Para máis información, visita a web do Congreso aquí.