Encontros - atfmgalicia.gal

  • Celebración do 25 Aniversario da ATFM

    O sábado 1 de abril de 2017, ás 14:00 horas aproximadamente, terá lugar un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa para celebrar todos/as xuntos/as o 25 aniversario da Asociación.

    Se desexas participar no xantar deberás abonar 20€ á entrada dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar. Por motivos de organización, e co fin de ultimar os preparativos do acto, pedímosche que nos confirmes antes do 27 de marzo se vas asistir ao xantar por correo electrónico.

     

    P.E.: Se tes algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, infórmanos para que poidamos notificalo ao restaurante.

  • IX Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os IX Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 20 de febreiro de 2016 e que se centrarán nas violencias desde a perspectiva da Terapia Familiar.

    Nestes IX Encontros Galegos de Terapia Familiar terán cabida relatores/as convidados pola Asociación. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

    • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
    • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
    • Hora: De 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 8 h de formación)

    Estes IX Encontros serán de balde para os asociados e as asociadas da ATFM de Galicia, tal e como se acordara no anterior Encontro. Tamén serán de balde para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar.

    Non socios/as: 60 €

    Estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

    Tríptico dos IX Encontros Galegos de Terapia Familiar: descárgao aquí.

    PROGRAMA:

    • "Terapia familiar nos Centros de Información ás Mulleres: da asistencia á terapia" a cargo de Liliana Barral Caneda, Beatriz Monroy Cardoso e José Manuel Valdivia Moreno.
    • ​"Aproximación ao traballo con maltratadores: Buscando diferenzas ou regularidades?" por Manuel Lopo Lago.
    • "Loitando polo poder" a cargo de Fernando de la Cueva López-Chaves.
    • Presentación de comunicacións libres.
  • VI Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os VI Encontros Galegos de Terapia Familiar co título Cambiando cara o futuro: Familias e Fillos, que terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 4 de xuño de 2011.

    Nestes VI Encontros Galegos de Terapia Familiar presentaranse ferramentas, técnicas e procedementos, dende diferentes contextos de intervención, eficaces para o aprofeitamento dos propios recursos das familias a fin de afrontar os conflitos que poidan xurdir cos seus fillos durante a infancia e a adolescencia.

    • Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Alexandre Bóveda s/n (Conta con aparcamento propio)

    • Hora: De 9.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (Acreditaranse 8 h de formación)

    • Tríptico:VI Encontros de Terapia Familiar: Cambiando cara o futuro: familias e fillos

     

     

    PIE DE FOTO: Momento da inauguración dos VI Encontros Galegos de Terapia Familiar "Cambiando cara o futuro" por Dª  Carmen Bianchi Valcarce, Xefa Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo xunto co Presidente da Asociación D. Antonio Olives Alonso.

  • VII Encontros de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os VII Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar na Casadas Asociacións en Santiago de Compostela o día 24 de novembro de 2012.

    Nestes VII Encontros Galegos de Terapia Familiar terán cabida tanto ponentes convidados pola Asociación como a presentación de comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

    • Lugar: Casa das Asociacións (antigua estación de Cornes)
    • Enderezo: Rúa Manuel Beiras 3  15706 Santiago de Compostela (Conta con aparcamento propio)
    • Hora: De 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 19.30 h (Acreditaranse 7,5 h de formación)

    Podes descargar o tríptico dos VII Encontros Galegos de Terapia Familiar aquí.

     

    PROGRAMA:

    "Psicoterapia líquida" por Luis Ferrer i Balsebre.

    "Asesoramiento, formación e terapia con familias adoptivas" por Magdalena H. Otero Martínez e Nuria Lago Fernández.

    "Mediación familiar. Unha forma diferente de entender a xustiza" por Xosé Ramón García Gómez.

    Presentación de diversas comunicacións.

  • VIII Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os VIII Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar  o día 14 de decembro de 2013 no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

    Nestes VIII Encontros Galegos de Terapia Familiarterán cabida ponentes convidados pola Asociación das tres escolas con programas de acreditación de Terapeutas Familiares de Galicia: Sistema, Cambio eLoft. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

    • Lugar:  Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra
    • Enderezo: Rúa Alexandre Bóveda s/n  36005 Pontevedra
    • Hora: De 9:45 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 h (Acreditaranse 7 h de formación)

    Tríptico dos VIII Encontros Galegos de Terapia Familiar aquí.

    PROGRAMA:

    • "A formación en Terapia Familiar en tempo de crise: Análise crítico dende esta perspectiva" por Pilar Bermejo da Escola TF Loft. 
    • "Non importa o tamaño do paso senón a súa dirección" por Aúrea Losada e María Piensos de Sistema.
    • "Fóra de carta: O manual do terapeuta anónimo" por José Manuel González e José Antonio Muñiz de Cambio.
    • Presentación de comunicacións libres.
  • X Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza os X Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 1 de abril de 2017 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    Nesta ocasión pretendemos que os X Encontros sexan un espazo para compartir experiencias e todo aquilo que desexes dar a coñecer aos demais asociados/as. Por iso, este ano o programa depende de vós, coa presentación de comunicacións. Se xa tes a túa, envíanola a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (título, resumo e duración aproximada).

    Lembra que para os/as asociados/as que estean ao corrente de pago os X Encontros son de balde. Tamén para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar. Para inscribirte, envía un correo electrónico coa ficha de inscrición.

    Nestes X Encontros Galegos de Terapia Familiar buscamos "encontrarnos" e "reencontrarnos" con todos/as os/as asociados/as que acompañáchedes á ATFM durante estes 25 anos de existencia.

    Tras a celebración das Asembleas de socios/as, celebraremos un xantar de confraternización sistémica no Monte da Condesa que nos gustaría compartir con todos/as os asociados/as.

    Ás 16:00 h terá lugar o acto de recoñecemento aos anteriores presidentes e aos socios/as fundadores/as da ATFM para continuar despois coa presentación de máis comunicacións.

    • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
    • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 7 h de formación)
    • Non socios/as: 60 € e estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

    Descarga abaixo o cartaz dos X Encontros Galegos de Terapia Familiar e a ficha de inscrición

    PROGRAMA:

    • Conferencia: "ATFM: 25 anos de historia"
    • Presentación de comunicacións libres.
    • Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de socios/as.
    • Xantar de celebración do 25 aniversario
    • Acto de recoñecemento aos presidentes/as e aos fundadores/as da ATFM
    • Presentación de comunicacións.
  • XI Encontros Galegos de Terapia Familiar

    A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza os XI Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 27 de novembro de 2021 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    Despois de dous anos sen vernos presencialmente sentimos a necesidade de reencontrarnos, de escoitarnos e de saber como nos vai e de aí a nosa aposta por arrancar con esta primeira actividade presencial despois de tanto tempo.

    Apetécenos reencontrarnos con todas aquelas persoas que xa sodes habituais e saber de vós, e tamén coñecer a aquelas persoas que se asociaron recentemente e saber dos seus intereses, da súa actividade e do que lle podemos achegar. Por suposto, tamén será un bo momento para quen se atope no proceso de formación nunha escola ou para aquelas persoas alleas á Asociación que teñan interese polos enfoques de Terapia Familiar.

    Ademais de reencontrarnos, gustaríanos escoitarvos e coñecer o que estades facendo, polo que abrimos un espazo de comunicacións, no que poderás contarnos o teu proxecto, investigación, reflexión... Envíanos a túa proposta indicando título, resumo e duración aproximada antes do 15 de novembro a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

    Por mor da situación que estamos a vivir, e dado que a capacidade do Salón de Actos está limitada a 120 persoas por razóns de seguridade, vémonos obrigados/as a cobrar unha cantidade simbólica de 5 euros aos/ás asociados/as que estean ao corrente de pago e tamén para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar. Para inscribirte, envía un correo electrónico coa ficha de inscrición e o xustificante de pago. 

    Asemade, nestes XI Encontros celebraremos tamén o 30 aniversario da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.

    • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
    • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
    • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:30 h (Acreditaranse 8,5 h de formación)
    • Prezos:
      • Asociados/as da ATFM, FEATF e SPTF 5€
      • Estudantes universitarios/as, máster e desempregados/as: 5 €
      • Colexiados/as do COPG e do COTSG: 10 €
      • Non socios/as: 20 €  
    • Prazo: Podes inscribirte ata o 20 de novembro. Unha vez rematado o prazo de inscrición, non se devolverá o importe da inscrición.

    PROGRAMA:

    • 10:00 "Encontros, desencontros e reencontros" por Ana Mª Sieiro Moral
    • 11:00 "Cara ao contexto, e máis aló!" por Olaia Carrera Guermeur
    • 12:00 Descanso
    • 12:30 "Erros, dúbidas e inseguridades en Psicoterapia" por Cristina Veira Ramos.
    • 16:00 "O dó desde unha ollada caleidoscópica" por Pilar Rey Suárez.
    • 17:00 Comunicación "Valoración da ansiedade en idades temperás en TEA: Repercusión en problemas de conduta" por Silvia Gómez Ríos.
    • 17:30 Descanso
    • 18:00 Mesa redonda: "Reflexións" con Pepe Rodríguez-Arias, Emilio Gutiérrez, Gonzalo Martínez e Carlos Álvarez.

    Certificaranse 8,5 horas de formación válidas para a reacreditación como terapeuta familiar e categorias docentes.