emilio atfm recortadaCatedrático de Psicoloxía Clínica e profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía na USC. Supervisor docente acreditado pola FEATF, foi presidente da ATFM de Galicia entre 1994 e 1998.

É fundador e director da Unidade Venres Clínicos desde 1984, a primeira unidade clínica nunha Facultade de Psicoloxía en España. No ano 2005 recibiu o Premio Humanitas polo seu labor á fronte da mesma.

O seu traballo de investigación durante o últimos dez anos céntrase no desenvolvemento dun novo tratamento para a Anorexia Nerviosa en colaboración con colegas de diferentes universidades de todo o mundo.

É profesor convidado das Universidades de Sydney (Australia) e British Columbia (Canadá), e editor asociado das revistas Eating Disorders e BioMed Central Psychiatry.